Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pena Burela (2-9-2026)

Otero Canto, Xosé - viernes, 16 de octubre de 2026
Hoxe, día grande da "Festa da Música e da Arte" en Pardiñas, creada polo primeiro motor ou engrenaxe que move a cultura da nosa VALURA, como santo Tomás de Aquino, o noso moi preclaro ALFONSO BLANCO TORRADO, pregoeiro da festa á que non puiden asistir por estar prisioneiro dunha artrite que queima os meus ombreiros como o lume que percorre a Galiza polos montes, fragas e devesas.
Pena Burela (2-9-2026) Aquí no terceiro andar do Hospital da Costa en Burela, na sala dos enfermos, mirando o mar escudriño na escuridade da noite un faro ou baliza que se nomea "Pena Burela", un símbolo para todos os e as burelenses que se ergue nun promontorio rochoso, lanzal como rapaz ou rapaza nova ou máis ben coma tres ou catro xogadores de baloncesto, dígoo polos oito metriños de nada que mide este singular xogador de "básquet" vestido con pantalón mouro e camiseta con lista amarela ao que os xogadores contrarios atacan con singular virulencia, recoñecidos polos seus traxes azuis e brancos. Os burelenses anímano co nome do equipo e grítanlle: "A Pedra", "A Pedra", "A Pedra"... Isto faise todo o día e toda a noite, sendo tamén árbitro dirixindo coas súas cores e cos seus tres escintileos nocturnos seguidos dun pequeno descanso para volver a abrir a súa boca moura da que saen tres fachas iluminadoras para indicarlle aos barcos cargueiros que veñen ao porto, que non se lles ocurra achegarse á pena e pasar polo leste da rosa dos ventos para descargar o bonito da "Bonita Burela" ou levar polos mares o pino e o eucalipto dos nosos montes.
Como xa ía velliño este xogador e tamén árbitro porque naceu no 1959 e morreu no 2014, 55 anos para un faro é coma 25 ou 30 que dura un bo cabalo, pero un cabaliño de mar, como era este, dura de un a cinco aniños, este era amarelo, pero tamén os hai cor púrpura ou laranxa. O que si é que este era a ledicia de Burela, que tivo que facerse con outro semellante, igual que fixeron coa ovella Dolly, empregando unha clonación a partir doutra célula adulta do cabaliño precedente, que neste caso é un molde coas mesmas medidas orixinarias do anterior, clonación que se pode ver en visita cultural a Burela, o mesmo que a ovella Dolly cos seus restos expostos no Museo Nacional de Escocia e que en Burela é unha obra do artista David Catalá chamada "La Piel del Mar" que se atopa no paseo da Marosa, quedando así para a eternidade unha clonación que se converte en arte. Saúde para o novo cabalo, para o domingo de Pardiñas e para vós, aplicados lectores?
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES