Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuarto de lecer (Hospital de Burela)

Otero Canto, Xosé - viernes, 09 de octubre de 2026
Desde o cuarto de lecer deste Hospital de Burela construído no cuarto ou quinto socalco da faldra do home-macho do "monte Castelo" ou da faldra da femia de "A Puída" Cuarto de lecer (Hospital de Burela) porque os dous vestían faldra por ser celtas ou castrexas distinguidas e distintas dos vestires da Bética e da Tarraconensis.
Desde esta faldra divísase o azul dun mar alongado e paralelo á súa rúa principal porque aquí e sempre o mar manda e fai que as rúas sexan paralelas porque o queren ver e sentir a súa inmensidade cadaquén que sente o seu corazón petando coas subidas e baixadas das mareas que embranquecen o azul nunha sístole e diástole as ondas de "Pena Burela", ou faro co que se identifican os burelaos e burelás desde o ano 59, sendo sinal de identidade e matriarcal que os garda e agarda coas súas cores moura e amarela metidas dentro como insignia da bandeira de Galicia representada polo azul cantábrico e o branco na faixa da marea costeira sendo "Pena Burela" unha pequena insignia ou símbolo metido dentro dela e que todos os burelaos e burelás terían a ben poñer na botoeira ou ollal da lapela da esperanza esperanzada que como espada atravesa o noso corazón sempre á esquerda da lapela enchendo de sangue burelesa e amorosa a todo aquel ou aquela que ouse sentirse cidadán ou habitante dos arredores do río "Burella".

Continuará...
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES