Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous de agosto de 2026 (Hospital de Burela)

Otero Canto, Xosé - viernes, 02 de octubre de 2026
A dous de agosto, emperador da calor e do reino da Gallaecia que se vén desecando pola medida da regra cartomántica da sequidade ambiental e tamén darlle publicidade polo noso Universo que se move e non está Dous de agosto de 2026 (Hospital de Burela) quieto, ao que lle gusta publicitarse día tras día a través de cataclismos, de tremores, enchentes, sarabias e demais encarnacións da destru-construción do mundo e de nós mesmos.
Como ía dicindo, a dous de augusto, -que antes deste inxente señor sería a dous de "sextilis" porque o calendario romano comezaba en marzo- do ano en curso estou ingresado no Hospital da Costa (Burela) por unha artrite que me enganchou de noivo, sen eu querelo nin desexalo, case perante tantos anos como a miña outra noiva-esposa á que lle profeso moito máis agarimo e benquerenza.
Estando nestas, abrazado e alampando de dores febrís da inflamación e do mes da calor sufocante, mais non artrítica, ollo para o mar desde o terceiro andar en socalcos en que se vén a construír a "Bonita Burela" e desde onde o mar embarga e se amece e copula coa terra para quedar nun xuntoiro de macho (terra) e femia (mar) que como can e cadela son incapaces de "desenvetillarse" formando unha unidade coma min e a miña noiva.

Hospital de Burela a 2 de agosto de 2026.

Continuará...
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES