Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 01 de octubre de 2026
A miña rara relación coa televisión

No descanso do partido Noruega-Portugal, púxenme a ver a televisión. Semella unha incongruencia pero paso a explicala. Levaba anos sen vela, aínda que sempre sigo os finais de etapa do Tour de Francia, da Volta Ciclista a España e dos partidos da selección española de fútbol. Durante os descansos destes, collía o libro e poñíame a ler. Pero o outro día decidín saber como andaba o mundo televisivo.
Pingas de Orballo Empecei a facer zapping e descubrín, por exemplo, tres cadeas que non coñecía: Veo 7, Squirrel e Squirrel 2. Vin que aínda seguían emitindo "La que se avecina", "Crimen en el paraíso" e algún programa máis que xa non lembro. A verdade é que a miña relación coa televisión ten o seu aquel: acéndoa todos os días, si, pero practicamente só para ver eses deportes comentados e algún que outro acontecemento tamén deportivo e, iso si, películas. O caso é que estas últimas agora véxoas nas plataformas, que me resultan máis cómodas.
Mirade se é rara a relación que, precisamente agora, cando podería estar vendo a televisión a todas as horas debido ás tarefas gastronómicas que teño que realizar, é cando menos televisión vexo. Houbo un tempiño no que poñía Canal 24 Horas para estar ó tanto das noticias, pero, claro, como as repetían tantas veces, tamén me chegou a aburrir. Solución: apagar a televisión.
Agora, mentres fago esas tarefas gastronómicas, adoito escoitar música, que, como ben se sabe, amansa ás feras. E así, sen apenas decatarme, a televisión foi quedando nun segundo plano, substituída polo son da música e, cando chega o momento de descansar, polo silencio das páxinas dun libro.
Tamén teño televisión na habitación. Pero, cando me vou á cama, gozo máis co libro que con esas trapalladas que, segundo vin, aínda seguen botando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES