Ó ollomao tamén se lle chama BITRE e tamén BÍTERE.
No diccionario galego-castelán da editorial Galaxia, de X.L. Franco Grande, podemos atoparnos cunha curiosa tradución ó castelán e que di así: OLLOMAO.s.m. Ombligo de Venus.

A palabra OLLOMAO é unha palabra composta de OLLO (latín oculu) e de latín antigo (MAO< latín malu) e que se traduce así: Pequena cuncha mariña branca por un lado e dourada tirando a vermella polo outro, usada para adornar xoias.
Pero en realidade o verdadeiro nome do OLLOMAO e o de OPÉRCULO. A pesar de todo, está ben esta diferencia do idioma galego ó chamarlle Ollomao ou Bítere ou Bitre, pois o opérculo é de distintas caracolas e que cumpre a misión de pechar os órganos de certos animais ou plantas. Por exemplo: cando comemos as BÍGARAS ou MINCHAS, primeiro co alfinete sacámoslle unha lámina circular que parece de plástico para logo sacarlle a carne, pois ben, esa lámina que lle sacamos á bígara chámase OPÉRCULO.
Por exemplo podemos falar dos nomes científicos e comúns de distintas bígaras. Littorina littoralis (Bígaro chato); Littorina saxatilis (Bígaro bravo); Littorina neritoides (Bígaro anano); Littorina littorea (Bígaro común) e un longo etc.
Pero a quen pertenece o OLLOMAO?. Pois ben, o ollomao ben a ser o opérculo da ASTREA RUGOSA e a misión do Ollomao é a de OBTURAR ou "pechar", dito en términos máis simples, a Astrea Rugosa dentro da súa cuncha ou caracola. Conclusión

simple: O Ollomao é a "porta" que pecha a Astrea Rugosa dentro da súa caracola ou "CORNO" como aquí lle chamamos.
Co libro na man, esplícovos sobre da ASTREA RUGOSA.-Cuncha duns 5 cm. de altura e de anchura similar; grosa e pesada cunhas 7 aspiras que forman saíntes na súa superficie superior e que posúe ós lados líneas espirais puntiagudas; o pé do caracol presenta un OPÉRCULO calcáreo cun marcas espirais.
A cor, é xeralmente vermello-pardo. Hábitat sobre rochas dende a franxa infralitoral hacia abaixo. Distribución. Mediterráneo e costas atlánticas de España e Portugal. Á marxe do que pon o libro, debo engadir, que o ollomao era frecuente atopalo nas praias do Concello de Barreiros. Según os nativos, ultimamente vese menos nestas praias, pode que infruiasen os muros da praia A Rapadoira e o muro da praia de Altar, para a súa desaparición.
Nas fotos, podemos ver o opérculo OLLOMAO nunha delas obturando ou pechando á Astrea Rugosa no interior da caracola ou corno (como xa dixen, fai de "porta"); e nas outras fotos xoias feitas con Ollomao.
Tamén di a tradición que se o metemos na carteira pode acarrear fortuna, pois o Ollomao ten fama de aportar moita sorte.
NOTA: O texto científico foi recollido do libro "Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y Europa" de A.C. Campbell. A foto do Ollomao obturando a Astrea Rugosa dentro da caracola e de James Nicholls.
En castelán chámaselle Ojo de Santa Lucía.