Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor das profesións

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de octubre de 2026
A primeira profesión do ser humano foi a de cazador e pescador; sen esquecer o papel de muller que é común a tódolos tempos.
Andando o tempo especializouse no cultivo de alimentos.
Máis adiante na transformación dos mesmos dando lugar á era industrial.
Coa chegada da industria as profesións foron ramificándose para atender as necesidades de cada especialidade.
Hoxe en día o tecido profesionsl segue modificándose de acordo coa tecnoloxía e as necesidades do momento.
A INVESTIGACIÓN AVANZA
As universidadse seguen a descubir novas formas de acomodarse ás necesidades actuais.
Hoxe en día precísanse estudios para case todo e a poboación xove intenta superar niveis cada día máis elevados.
Moitos adultos xa non saben moi ben o que estudian os seus fillos.
Todos queren ter postos de relevancia que lles permitan vivir comodamente.
É natural que o ser humano queira superarse para evolucionar.
PERO TAMAÉN É CERTO QUE:
Os labores máis humildes non deixan de ser imprescindibles.
Ninguén pode prescindir da aportación:
-DO PERSONAL DE COCIÑA porque todos comemos.
-DO PERSONAL DE LIMPEZA DO FOGAR porque todos manchamos e precisamos mudarnos cada día.
-DOS LABREGOS que enchen as nosas despensas de alimentos.
-DOS MECÁNICOS que nos amañan a maquinaria e ferramentas.
-DOS TRANSPORTISTAS que nos acercan os producos ós puntos de venta.
-DO PERSONAL SOCIO-SANITARIO cada vez máis necesario nun país cada día máis lonxevo.
-DOS VARRENDEIROS que recollen puntualmente os nosos residuos inservibles.
SEN ESQUECER:
-O PERSONAL DOCENTE: sen o que non poderían existir os outros profesionais.
-O PERSONAL SANITARIO que fai todo o que pode pola nosa saúde física.
-O CLERO que acompaña a quen voluntariamente o acepta para vivir en fraternidade como membos do Corpo Místico de Cristo, dentro da Igrexa Católica.
-O PERSONAL DE SEGURIDADE CIDADÁ que nos protexe da delincuencia facendo de anxos custodios.
-O PERSONAL ADMINISTRATIVO que nos permite ter regulada a nosa vida patrimonial e profesional así como as relacións coa Administración.
-O PERSONAL DO PODER XUDICIAL que nos protexe na medida do posible das inxusticias que se producen no día día.
-O PERSONAL DO PODER LEXISLATIVO que promulga as leis que regulan a convivencia.
- PRESIDENCIA DO GOVERNO E A MONARQUÍA como poderes supremos dun país.
E, loxicamente todo o personal das relación internacionais así como o mesmísimo Papa como xefe da Igrexa Católica.
TODOS SOMOS NECESARIOS
O Papa, os reis, os xefes de estado, os ministros, os médicos, os abogados, os mestres, os sacedotes, etc, etc...
Porque todos comemos, todos vestimos, todos calzamos, todos necesitamos que nos ensinen, todos necesitamos axuda nos trámites, todos, absolutamnte todos somos imprescindibles para que unha boa organización social funcione.
UN LUGAR PARA CADA UN
Todos somos un elo na cadea da vida de todos.
Todos dependemos de todos.
Sabémolo ben cando hai unha folga:
-Se non temos transporte: malamente.
-Se os estudiantes non poden ir á escola correspondente; malamente.
-Se o personal sanitario se para, pobres doentes.
-Se as forzas de seguridade baixan a garda: "ancha é Castela" para o delincuente.
Tódalas profesións son moi dignas cando se fan como é debido.
Por eso merece respecto todo ser humano que cumpra co seu cometido.
"A DIGNIDADE: O PRIMEIRO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES