Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xacobeo 2010

viernes, 08 de enero de 2010
Antes chamabamoslle “Ano Santo Compostelano” a aquel no que o vintecinco de xullo, día de Santiago, patrón de España e de Galicia, caía en domingo. E este ano especial tiña somente consideración de índole relixiosa, indulxencias incluídas, para todos os que -libres de toda culpa- se achegasen á Catedral que garda a memoria do Fillo do Trono.

Pero descubriuse, redescubriuse, inventouse -coa especial significación que “invención” ten- o Camiño de Santiago, os Camiños de Santiago, e o Ano Santo tomou outras significacións, e convertiuse en Xacobeo.

Don Elías do Cebreiro foi un dos pioneiros; el soubo que este milenario camiño a Compostela tiña outros moitos significados, e volveu á vida o Santuario do Cebreiro e o Albergue de San Xiraldo, e encheu o Camiño de vieiras amarelas para marcar a ruta, e axudounos a descubrir que a ruta a Compostela seguindo o que no ceo era un Camiño de Estrelas podía ser para Galicia o primeiro instrumento de progreso, e neso estamos.

Porque todos estamos de acordo en que o Camiño a Compostela é un camiño de salvación, de realización, de sacrificio, de riqueza interior. Que son oito camiños os que os peregrinos poden recorrer buscando a cidade do Apóstolo para encontrarse a si mesmos e facerse máis fortes. Pero os oito camiños son outros tantos instrumentos de progreso dunha terra sitiada na fin do mundo que precisa de todos os apoios posibles para a riqueza das almas, pero sen esquecer os corpos. Os oito camiños son tamén outros tantos instrumentos de progreso material -“Polos de desarrollo” chamáronse en tempos os puntos de referencia industrial e de progreso- que temos que aproveitar, unha vez conseguido o resultado relixioso, moral ou espiritual.

Estamos xa no Xacobeo 2010, que poderiamos considerar unha ocasión especial e decisiva nesta Galicia aínda subdesenvolvida e retrasada que ten que aproveitar todos os trens que por ela pasen, sen perder ningún.

Vivamos o Xacobeo espiritual con toda a forza das nosas crenzas e do noso espíritu. Pero simultáneamente, coordinadamente, de xeito realista, potenciamos este Xacobeo 2010, na seguridade de que aproveitando este último impulso -faltan once anos para o próximo Xacobeo- todos os anos que veñen serán “xacobeos”, e o progreso de Galicia estará garantido por estar mergullada nunha corrente imparable de fe, de xente, de esforzos... e de progreso espiritual e material.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania