Protexer os dereitos fundamentais
Santalla, Iago - miércoles, 30 de septiembre de 2026
Vivimos tempos nos que se nos esquece o perogrullo e é necesario lembralo para poñer negro sobre branco a realidade. Estamos ante unha crise de vivenda, actualmente impactada polo caso de Mari Carmen pero que leva moito tempo e que non fixo máis que agudizarse.
Quizais, entre as posicións hai moita brocha gorda e a brocha gorda sempre provoca polarización; entón, convén lembrar que atinxe aos poderes públicos a protección dos dereitos fundamentais. Polo tanto, o goberno ten a obriga de buscar un sistema de vivenda non especulativo que permita cumprir de xeito efectivo e incontestable o dereito constitucional.
Por outra parte, nun país descentralizado cabe esixir entendemento no exercicio do poder máis alá das ideoloxías para cumprir os dereitos fundamentais. Neste sentido, se hai que declarar unha zona tensionada non pode ser que un partido ou outro se sinta agraviado porque o exercicio do poder debía conlevar un entendemento máis alá da posición ideolóxica.
De momento conseguiuse saír á rúa e poñer de actualidade o problema. Mari Carmen conseguiu mobilizar á mocidade por unha causa xusta. Aínda que esta causa precisa análise para poñer a cada actor no lugar que lle corresponde. Non é xusto que un fondo buitre teña o poder de arruinar unha vida.
Fai falta entendemento e só se pode falar con persoas, non con entes abstractos sen empatía nin corazón.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora