Por Cristo, con el, e nel, fagámonos servidores e comunidade
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 27 de septiembre de 2026
DOMINGO 26 A.- Ez 18,25-28.- Sal 24 (25).- Flp 2, 1-11.- Al Mt 11,28-32
+ Se se aparta da maldade que cometeu, vivirá de certo, non morrerá ( Ez 18,28)
+ Ensíname os teus sendeiros, diríxeme na túa verdade, apréndeme Señor (Sal 24,4)
+ Non mirar cada un só polo que lle ten conta a el, tamén polo que interesa aos outros. Tede entre vós a mesma idea de Cristo Xesús. (Flp 2,4)
+ As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor , e eu coñézoas, e elas séguenme (Xn 10,27)
+ Os recadadores e as prostitutas, entrarán no Reino de Deus antes ca vós...porque vós, despois de ver, nin vos arrepentistes nin crestes (Mt 21, 331b.32,b)
POR CRISTO, CON EL, E NEL, FAGÁMONOS SERVIDORES E COMUNIDADE
1. Deus Gran Misterio
que en Cristo ofreces,
corpo xentil
do Deus inerme,
Verbo amoroso,
crucificado
e vitorioso:
por Cristo chamas
a sementarmos
amor e graza,
desde o máis fondo,
creando pobo.
2.Pobo de irmáns,
coa súa escola,
co voso Alento,
que acceso dan
á fe sen sombra,
de confiarmos,
sen poñer prazos,
que un día á fin,
cesará a sede
que en nós puxeches
antes de sermos,
para ter vida.
3.Sede que alivia
na fe preciosa
que nos consola,
e fortalece,
e mobiliza.
A fe que sempre,
con tal de amarmos,
vive na aurora,
do Novo Día,
que en ti gustamos,
e en ti agardamos,
risa sen cinza.
4. Se Deus convoca
a ese traballo
desde o seu campo,
da vida toda,
¡non retrasemos
facer con Cristo,
e uns cos outros,
comunidade
de aprendizaxe!
Non de perfectos,
que non o somos:
de peregrinos.
¡Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón