Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Santos Reis

miércoles, 06 de enero de 2010
Hoxe é festa en Galicia, especialmente para os máis novos. E todo inflúe para que cada vez máis respectemos esta festa.

A tradición dos Santos Reis, compatible con calquera outra, ten que loitar na actualidade con moitos obstáculos manifestamente salvables. E só teñen ó seu favor Papa Noel ou Santa Claus en que os seus agasallos para nenos e maiores chegan durante as vacacións de Nadal, permitindo que os nenos disfruten con eles durante case todo o período festeiro, mentras ca os Reis só chegan ó remate das festas e os nenos teñen que deixar os galanos recibidos inmediatamente despois para incorporarse ós seus deberes educativos.

Pero eso son acomodacións doadas de solventar, que tampouco os nosos nenos de hoxe son aqueles nenos doutrora sen xoguetes nin recursos ós que a chegada dos Magos supoñía o único aliciente nun longo período de xogos nos que a imaxinación tiña que suplir carencias materiais.

Pero se de beneficiar os nenos se trata, tampouco existe ningún problema, que a inocencia dos nenos permite compatibilizar todo tipo de persoeiros agasalladores, e Papá Noel pode ser xeneroso nunhas casas familiares e os Reis Magos completar despois ese abano de riquezas da ilusión, duplicando ocasión con similares esforzos e investimentos económicos.

Pero hai que recoñecer a tradición multisecular dos Reis Magos, santos na nosa consideración occidental e galega, que tanta ilusión sempre nos trouxeron, e que non podemos deixar desaparecer.

Mesmo tendo en conta todo tipo de consideracións, especialmente as económicas, que os Reis son xeralmente aceptados por todos nós como a ocasión propicia para ser xenerosos con todos -non só cos máis pequenos- de xeito que unha vez ó ano pensamos nos demais moito más ca nos mesmos, coa repercusión que esto ten na sociedade, na economía, na nosa vida.

Felicidades a todos, beneficiarios da tarefa bimilenaria dos Magos adoradores do neno que -prendados do infante de Belén- quixeron perpetuar a súa presencia no mundo agasallando tal día coma hoxe a todos os que nos sentimos nenos.

A todos os que se sintan involucrados neste miragre popular, moitas felicidades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES