Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teresa de Antas

Xiz, Xulio - viernes, 25 de septiembre de 2026
A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos.

Na Biblioteca Provincial de Lugo temos dous certames ao ano que empezaron no século pasado, foron celebrándose pola teimosía das sucesivas directoras, e agora teñen en Sabela tan firme defensora, que moitos chuzos teñen que caer para que non se nos siga chamando -Letras Galegas e Nadal- a xurados e bibliotecas para o periódico lecer de elixir de xeito anónimo traballos que apuntan maneiras, de autores con futuro literario, como algunhas xa nos teñen florecido.

Desde hai moitos anos, sempre hai premiados de Antas. E nas entregas de premios, sempre está Teresa.

Fomos amigos de Teresa premio a premio, rapaza a rapaz, con Antas nos primeiros postos da provincia en premiados porque esta provocadora cultural foi facendo xermolar unha nova escola literaria, onde non só se escribe ben, senón que tamén -importante tamén a súa dedicación ao teatro- se lé e se recita ben, tan dificil hoxe en día.

A vida de muller-biblioteca ten límites temporais, e chega a xubilación, pero seguro que o espíritu de Teresa seguirá vixiante, e non poderá ficar queda e calada. Teresa -sempre en Antas- seguirá iluminando, como un facho sorrinte, calado, inquedo, sempre vivo, esa pequena escola literaria que non deixará de dar froitos.

Se a Cultura tivese santos laicos, eu tiña para canonizar uns cantos -e unhas cantas- e xa que Batán está ao comezo do alfabeto, tería que ser das primeiras.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES