Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tráfico parece ter solución

martes, 05 de enero de 2010
Estamos tan afeitos ás malas noticias, ás malas situacións, que durante moi tempo coidamos que o tema do tráfico non tiña amaño, e que as cifras e mortos nas estradas seguirían in crescendo na medida en que aumentaba o parque de automóbiles e cada vez máis conductores utilizaban o seus vehículos.

E sen embargo parece haber solución para o tráfico. Ou un conxunto de factores nos que pode incidirse para atopar unha solución numérica, cuantitativa, xa que cualitativamente non é posible xa que un só morto nas estradas é unha traxedia.

Nos últimos tempos, o número de mortos nas estradas galegas reduciuse de xeito moito máis que significativo, baixando a menos da metade nos últimos dez anos.

As estradas melloraron de xeito extraordinario, tanto en calidade como no número de kilómetros construidos ou reformados. Simultáneamente, os coches melloraron de xeito ostensible e mantéñense en mellores condicións, xa sexa pola renovación do parque automobilístico xa porque as inspeccións periódicas das Itv manteñen ós conductores nunha alerta obrigada de preocupación pola propia seguridade.

O recrudecemento das normas para os conductores, as limitacións de velocidade, e a conseguinte concienciación diante das duras campañas publicitarias, terán tamén un moi importante papel en canto a lograr que o tráfico – cada vez máis intenso – se volva máis seguro e fluido.

Estes e outros factores, na medida en que cada un de nós os poida valorar, son razonables motivos de que a situación do tráfico mellore, e se consigan – repetimos que cuantitativamente- resultados espectaculares en cando a mortos nas estradas por mor do tráfico rodado.

Os bos resultados non deben facer que a satisfacción domine a realidade, e hai que seguir buscando o imposible da reducción a cero dos mortos nas estradas. Pero aínda sabendo imposible ese resultado sen dúbida que debe ser a meta dos responsables institucionais dun tema sempre de actualidade, sempre sensible, no que calquera melloría temos que saudala con ledicia e aplauso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES