Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xan das bolas

Xiz, Xulio - jueves, 24 de septiembre de 2026
En cada Semana de Cine, nos últimos tempos, temos alomenos unha publicación monográfica relativa a un tema dos nosos (ou a unha persoa das nosas), pertencentes a esta arte que nos move e nos conmove, e ás veces fainos pensar na pobreza - vista con ollos de hoxe - da vida nunha sociedade e nun tempo no que a Xan das bolas imaxe en movemento non avivase memorias, intelixencias e vontades.
Manuel Curiel tennos afeitos a descubrir grandes valores ou modestos exemplos cinematográficos lucenses e galegos, valorando o aporte de cada un deles ao fenómeno global da cinematografía, que non coñece limites, xa que mesmo o do idioma se solventa coas doblaxes que universalizan calquera produción.
Non é un primeiro actor o persoeiro obxecto deste libro. Todo o contrario. A súa vida cinematográfica parece una sucesión de secuencias secundarias, anecdóticas, circunstanciais... pero en conxunto é unha unidade claramente diferenciada dentro da inmensidade da sétima arte; unha unidade galega que pode mover ao sorriso, nunca ao esquecemento. Porque Tomás Ares Pena (Xan das bolas), convertiuse nun referente, mención obrigada, e no imaxinario popular queda esa persoa convertida en personaxe que quixemos recoller para non esquecela e facerlle xustiza case medio século despois do seu pasamento.
Xan das bolas nunca pasou de ser un secundario, pero participou de xeito modesto en máis de douscentos filmes, e seguíu as ordes dos directores máis relevantes do noso cine: De Florián Rey a Luís Lucía; de Sáenz de Heredia a Orduña; de Berlanga a Bardém... O seu nome está escrito na historia do cine. Con letra pequena, pero imborrable, e polo tanto inmorrente. Recordámolo desde Lugo, na Semana de Cine do mes de setembro do 2026.

Xulio Xiz, é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES