Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 24 de septiembre de 2026
A cita co espírito maligno

Citei ó espírito maligno na aldea dos Escornabios. Que dis, ho?, preguntoume Nemesio Bouzas, con claros síntomas de botarse a rir. Dubidei un bo cacho en explicarlle a miña situación nocturna. Esa na que os pesadelos furgan na conciencia e me espertan cada dous por tres. Por iso eu sempre digo, e sempre desexo, soñar esperto; desta maneira fágoo ó meu xeito.
Claro que, se me paro a explicarlle o asunto a Nemesio, pásaseme a citación. Porque, falando claro, non sei que será peor: se este home ou o meu espírito maligno.
Nemesio Bouzas Alacrán é fillo da señora Generosa e do señor Eladio, O Chimpafigos. Fáltalle unha fervura -ó fillo, non ó pai- e nunca ten présa. Quen máis, quen menos, foxe del a fume de carozo. Porén, hai ocasións nas que non queda outra que botar unhas parolas con el. Á parte do seu estado mental, ten arranques de carraxe que axiña o animan a botar man da forza bruta. É bo home, é un inocente ata que deixa de selo.
Nun alustro, opto por miralo de esguello e déixolle caer, con présa, que o espírito maligno non me esperará se me atraso só que sexan dous minutos.
Por unha vez, move a cabeza en sinal de entendemento e mesmo se aparta para un lado para deixarme pasar. Ata me desexa un bo día e unha boa viaxe deica a aldea dos Escornabois, que está a pouco máis de douscentos metros.
Cando cheguei, fun eu o que tivo que esperar uns longos minutos polo espírito maligno. Pero tan axiña como asomou, e sen máis preámbulos, canteille as corenta, e marchou el e marchei eu. Á volta tiven sorte de non atoparme co Nemesio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES