"Por qué se supo", ten unha maxia especial, destaca por a súa estrutura, calidade narrativa, linguaxe precisa, seca, cortante e directa. As frases cortas, conducen a unha sensación de asfixia e crean unha atmosfera de violencia, sufrimento, pobreza, terror, traxedia, medo, defensa, vinganza, morte e alivio.
Lino, traballou o conto a través dunha narrativa híbrida, na que con sabedoría recolleu as fortalezas do periodismo a pé de rúa, coa literatura e as noticias de sucesos, que naquel momento, recollía para o diario El Sol. Realismo que acompañaba de imaxes do escenario, vítimas e verdugos, recreadas no marxinal, lúgubre e tráxico.
Narra con precisión o detalle que queda suspendido no tempo e fai imposible que se esqueza, aí está a persistencia da memoria, coa que con tanta eficacia traballa Lino Novás.
¿Quen se vai esquecer do dente de ouro do can?
A pesar de ser unha historia ben tecida, tivo escasa difusión. As fontes documentais, (BNE) base de datos da Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España, só nos informan de dúas publicacións case simultáneas:
- Los Cuatro Vientos: Número 3, junio de 1933, págs. 32-42. (Madrid). Dirigida por: Pedro Salinas, Jorge Guillén y Dámaso Alonso.
- Isla: hojas de arte y letras: Número 4, noviembre-diciembre de 1933 (Villaluenga del Rosario, Cádiz). Dirigida por Pedro Pérez-Clotet.
A publicación de "Los Cuatro Vientos", precede en cinco meses á da "Isla", o que sitúa o conto no núcleo da vangarda madrileña, na que Lino era un dos grandes protagonistas.
No número 3 de "Cuatro Vientos", xunto con Lino Novás, publicaban:
- Vicente Aleixandre: Profunda vida.
- José Bergamín: quien más ve, quien más oye, menos dura.
- Miguel Pérez Ferrero: vida, pasión y muerte del folletín.
- Jorge Guillén: varios poemas
- Federico García Lorca: el público.
Unha versión moi similar, con diferente título, foi publicada na Gaceta Literaria no número 113, co título "un encuentro singular", o día 1 de setembro do ano 1930, páxinas 6-7.
Anos máis tarde, sería incluído, na recompilación de "maneras de contar", publicado por "Las Américas Publishing Company-1970. New York, co mesmo título "Un encuentro singular", páxinas 249-262.
Así facía Lino a introdución ao texto: "Un profesor americano, Raymon Sousa, encontró este cuento por mí olvidado, en una colección de La Gaceta Literaria. Creo que fue el primero o segundo que escribí en Madrid, recién llegado de Cuba, en 1931. El tema me lo había dado, años antes, en La Habana, un emigrante español. No se trate de hallar, pues, ningún elemento autobiográfico en esta historia (
)"
O escenario onde se desenvolve a trama, son as terras das Grañas do Sor, as figuras clave son unha nai solteira e a súa nai, o fillo que regresa da emigración, pobre e desfigurado, como tantos outros, a dúbida do impostor, a fame, a violencia, o medo, a inocencia, a picaresca, a traxedia e a morte, envoltas no círculo vicioso do terror.
Lino, narra disociado dos acontecementos de forma minuciosa e descarnada. Séntese a traxedia, vibra o terror, fala o vento, e as cañotas dos castiñeiros escoitan e móvense cas sombras da néboa a luz da lúa.
Os nomes dos protagonistas son galegos: Xampán, Mundego, Maronda, Colasa...
Ao analizar os dous textos en paralelo: "por qué se supo" e "un encuentro singular", a pesar das negacións de Lino, as notas autobiográficas do autor, inda que semellan de forma novelada, están presentes neles, unhas veces de forma expresa, e outras máis o menos sutil.
Reproduzo as páxinas que van da 35 á 39 do conto "Por qué se supo". Poder léelo enteiro, é un gozo inmenso, principalmente para aqueles que gusten do humor negro ou das novelas de terror.
