Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor do rural

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de septiembre de 2026
Non cabe dúbida de que todos valoramos o medio rural; pero non todos da mesma maneira.
É moi bonito poder pasar unhas vacacións disfrutando:
-Aire puro que ensancha os pulmóns.
-Gastronomía excelente que sacia o apetito de calquera.
-Paraxes impresionantes.
-Ríos transparentes de auga fresca.
-Volvoretas de flor en flor.
-Paxariños que enchen de música o ambiente.
-Pradeiras verdecentes que relaxan a vista.
-Leiras fecundas que alimentan á humanidade; pero…
¿QUEN FAI POSIBLE ESTAS DELICADEZAS?
-MULLERES E HOMES QUE TRABALLAN CON CARIÑO E DEDICACIÓN A TERRA, esperando pacientemente o proceso de
crecemento da colleita.
Un exemplo de bo facer e de moita paciencia.
-MULLERES E HOMES QUE COIDAN CON ESMERO OS ANMAIS DOMÉSTICOS para que se sintan ben tratados e dean leite, carne, ovos, queixo, xamón, chourizos, chuletas...
-MULLERES E HOMES QUE RECOLLEN CON SUOR AS COLLEITAS que permitirán sobrevivir tanto ós do campo como ós da cidade, porque os labregos enchen as despensas de alimentos para todos.
-MULLERES E HOMES QUE ESPERAN PACIENTEMENTE unha nova cría, unha rolada de pitiños, outra de ranchiños, un tenreiro...
E, cando chega, énchese a casa de ledicia.
-MULLERES E HOMES QUE TRATAN A NATUREZA CON SUMO MIMO porque saben que é a nosa naiciña, porque da terra e do traballo, sae todo.
-MULLERES E HOMES QUE, DESPOIS DE REMATAR O DÍA, recóllense ó calor do fogar para facer vida de familia compartindo as vivencias de cada membro durante o día, desde os máis anciáns ata os mais pequechos:
Magníficas relacións interxeracionais.
-MULLERES E HOMES QUE NON SABEN QUE SON AS VACACIÓNS: Traballan toda unha vida, descansando ós poucos, cando as circunstancias llelo permiten; pero vacacións: nunca.
¡Qué vida tan entregada!
¡Que abnegación!
¡Qué mérito o desas persoas!
-MULLERES E HOMES QUE TAMPOUCO SABEN DE PAGAS EXTRAS.
Viven o día a día confiando na satisfacción do labor ben feito.
Despois...
Malo será!
A Providencia nunca abandoa á quen se esforza.
MULLERES E HOMES QUE NOS ALIMENTAN A TODOS:
-Estas mulleres e estes homes modelan con arte a nai natureza.
-Estas mulleres e estes homes son mestres na arte de cultivar.
Sen a súa valiosa colaboración a vida humana non sería posible tal como a entendemos hoxe en día.
Debémoslles moitísimo respecto e moitísimo agradecemento.
MULLERES E HOMES EXPERTOS EN HUMANIDADE
-Estas mulleres e estes homes son mestres na conservación das tradicións.
-Estas mulleres e estes homes dan cristiana sepultura ós seus defuntos rodeados de toda a comuniade.
A comunidade acompaña nos nacementos e tamén nos pasamentos.
-Estas mulleres e estes homes son expertos en transmisión de valores.
OS NOSOS ANCESTROS
Hoxen e día, moitas persoas viven doutra maneira; pero non hai moitos anos que o noso país era agrícola e gandeiro.
Cómpre que lles ensinemos ás novas xeracións que sen labregos non poderíamos vivir porque son os encargados de arrancar coas súas propias mans os alimentos da nai terra.
"O VALOR DAS PROFESIÓNS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES