Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo está no Cine

Xiz, Xulio - lunes, 21 de septiembre de 2026
Cada setembro, cal estudiantes no comezo do curso, entramos nunha dimensión nova, contactamos con antigos e novos compañeiros, e o noso mundo faise máis grande, con máis luz, con máis coñecemento.

Xa que estamos en setembro, toca Semana de Cine, e van corenta e oito, e entramos nunha dimensión nova, contactaremos con antigos e novos cinéfilos compañeiros de viaxe, Todo está no Cine o noso mundo farase máis grande con cento corenta novas perspectivas cheas de luz, que nos abrirán os ollos aos mundos que soñaron xentes do cine de todo o planeta.

Pero ese asomarnos a mundos novos non impide senón que nos impele a mirar moi de preto e honrar xentes de noso de hoxe e de sempre.

Imos homenaxear a unha veterana muller que na madurez entrou con forza incrible no mundo do cine para conquistarnos co seu xeito de ser e estar: Benedicta Sánchez.

Outra homenaxe da Semana farémola a unha rapaza vilalbesa, Cristina Castaño, de actualidade permanente no mundo do cine, e agora tamén da música.

E por fin, faremos xustiza póstuma, a Tomás Ares Pena, eterno secundario do cine español, que todos coñecimos como Xan das Bolas.

Pero se todas as Semanas son diferentes entre si, esta poderá diferenciarse de todas as anteriores porque imos establecer un vínculo especial coa Semana de Cine da cidade de Astorga; un vínculo de amizade e común devoción, que cristalizará en Lugo este setembro e se refrendará en Astorga o próximo 2027. E para celebrar esta relación cinematográfica de dúas cidades bimilenarias, organizamos "UNHA DE ROMANOS", coa que tamén celebramos o cuarto de século da festa de recreación histórica ARDE LUCUS, e os cincuenta anos da celebración do BIMILENARIO da nosa cidade.

Comecei falando de grandes mundos e dimensións novas, porque (quod erat demonstrandum) TODO ESTÁ NO CINE!.

Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES