Alí pode ser alá
Yllade Ramil, Gemma - viernes, 18 de septiembre de 2026
alí debuxábase a silueta daquel arbol
alí escoitábanse as ondas do mar
e como rumorean as ramas que arrastran
alí vía o meu grupo favorito
alí durmía ao son da lúa baixo o ceo estrelado
e alí coas miñas mans escribín estes versos
alí reescribinos de cando en vez
alí cantaba as miñas liñas escritas ordenadas
alí había unha casa antiga na que o
po xa non é unha tarefa doméstica
alí tiñamos un banco que xa non está
onde se nos achicaban os ollos polo sol
alí pasaba un autobús
alí estrañei ás miñas amizades
mais intimas
alí lin un pedazo dun libro
e alí esquecín unha das miñas chaquetas
alí o meu corazón rompeuse e rachou
alí non deixaba de xogar cando era pequena
alí non deu os seus brotes o amor
alí pode ser alá
alá pode ser aquí
unha viaxe no tempo
que efémero é o simple feito
de estar viva
Yllade Ramil, Gemma
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora