Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coida-la casa común, un reto

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de septiembre de 2026
Ó longo da historia a humanidade foise organizando para resgardarse da intemperie.
Empezou vivindo en covas naturais que presenta a propia natureza.
Despois foi facendo chozas coas súas propias mans.
Máis adiante fixo: casas, castelos, pazos, incluso rañaceos...
Temos vivendas de tódalas clases e condicións.
Tamén hai persoas que non conseguiron ter vivienda e viven ó pairo, sobre todo nas grandes cidades.
Hoxe en día a vivienda está moi cara para moitas persoas.
Os animais domésticos gozan do privilexio dos seus amos.
Os animais salvaxes construen as súas propias madrigueiras (tobos) utilizando os recusos que a natureza lles ofrece.
DENOMINADOR COMÚN
Tanto os que viven en pazos como os que non teñen un teito onde cobixarse, como o propio reino animal e o vexetal, estamos todos dentro da nai natureza: a casa común de todo ser vivente.
Esta casa común ofrécenos a posibilidade de realizanos como seres vivos, cada un según a súa condición e especie.
A CASA COMÚN: UN LUGAR SAGRADO
Tanto se o comprendemos, como se non, a casa común é sagrada para todos.
Ese lugar sabiamente creado por unha forza superior, que os cristiáns chamamos Deus, foinos entregado ós seres humanos para que o coidemos e o disfrutemos mentres dura a nosa pelegrinaxe por esta vida.
De momento non se sabe que haxa outro lugar no que poidamos habitar.
Para nós é un lugar único e irrepetible.
Non temos outro, nin mellor nin peor.
É o noso paraíso terrenal.
UN PARAÍSO CHEO DE VIDA
-Con auga como fonte de vida
-Con alimentos variados que nos dá a terra, o mar e o aire para a nosa supervivencia:
-Con aire para respirar.
¡Tantas maravillas da creación para admirar e disfrutar!
¡Un regalo de valor incalculable!
Algo moi superior ás capacidades humanas foinos entregado.
¿CÓMO O TRATAMOS?
Pois... a decir verdade, nos últimos tempos estamos abusando da súa bondade.
Esta vida moderna, que estamos levando, gasta demasiado.
Gastamos máis do que nosa naiciña pode darnos.
Estamos deixando mal paradas as xeracións do futuro.
Se esgotámo-los recusos naturais...
¿De qué vivirán?
¿DE QUE SE ALIMENTARÁN?
-Terán cartos.
-Terán de todo canto poidamos imaxinar...
Pero...
Os cartos non se comen.
¿Poderán cultivar alimentos sen auga?
Non. Claro que non.
A auga é fonte de vida
¿Poderán beber auga contaminada?
Non porque collerían tantas infeccións que morrerían.
¿Poderán respira aire irrespirable?
Tampouco.
A tecnoloxía terá moito que facer pero nunca sustituirá ós recursos naturais.
TOCA REACCIONAR A TEMPO
Grazas que o ser humano foi creado, a imaxe e semellanza de Deus, con capacidade para reaccionar ante situacións adversas.
Cando vexa as cousas mal paradas reaccionará.
MOITOS XA AS ESTÁN VENDO:
-Os montes arden e con eles unha inmensa riqueza animal e vexetal.
-Os mares están vomitando lixo por todas partes, moitos peixes están morrendo.
-O aire estase facendo irrespirable en moitos lugares industriais.
As grandes urbes satúranse...
Algo estamos facendo mal.
"O VALOR DO RURAL"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES