Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O perigo da guerra híbrida

Rubia, Xoan - viernes, 18 de septiembre de 2026
Vaian un par de apuntes históricos para entrar neste derradeiro episodio con Marrocos que algúns cualifican de "guerra híbrida" (esa que non necesita de exércitos que ataquen e defendan). É interesante coñecer que tanto Ceuta como Melilla foron conquistadas no seu tempo. Ceuta foino por Portugal no ano 1.415 e no 1.580 acontece que España e Portugal únense nunha dinastía conxunta que se disolve cedo e no ano 1.640 Ceutafica sendo española. Pola súa parte Melilla foi conquistada por España no ano 1.497 por mandato dos Reis Católicos co gallo de integrala na coroa. O perigo da guerra híbrida O noso veciño Marrocos, co que pretendemos ter unha boa relación de vecindade, leva tempo reclamando con reiteración esas prazas como territorio de seu, reivindicación na que polo que se ve seguirán insistindo poñendo en perigo esa suposta boa conexión.

Alguén pensa que un movemento de masas de máis de setenta mil persoas, sucede improvisadamente sen que detrás diso haxa un plan? A resposta sería: non. E por outra banda non se entende como o CNI que para outras cousas funciona non se decatase e advertise do que se estaba fraguando na outra banda da raia. Eu, coma cidadán de a pe, que pouco ou nada sei do que se coce e se come nos despachos gobernamentais, desexaría coñecer a verdade e que esta non se agache na sección de documentos reservados. Para iso somos un pobo soberano, non si?

Sospeito, pero podo estar equivocado, que a monarquía de Marrocos está detrás do acontecido estes días e que utilizou a miles de persoas como carne de canón coa aquiescencia daqueles que pretenden desestabilizar e debilitar Europa. O peor de todo isto é que detrás hai moitos dramas humanos que se usan para organizar estas desbandadas de xente que busca un acubillo mellor e máis seguro fora do seu país. É un drama ao que aínda non se lle buscou solución.

Seguro que hai outros intereses para dicir que non hai evidencia de que Marrocos estea detrás deste salto áraia. O perigo da guerra híbrida é que se converta en algo máis perigoso cando algúns propoñan emprendela a tiros. Xa houbo quen fixo esta suxestión. Moito coidadiño.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES