Ceuta en dúas perspectivas e unha obriga gubernamental
Santalla, Iago - miércoles, 16 de septiembre de 2026
Creo que é difícil non empatizar con Ceuta en dous sentidos: o de quen foxe do sátrapa tirano e o que ve a súa terra anegada de xente. O complexo da vida fai que o medo nos cegue ata non deixarnos ver que ese medo é compartido: ningún ser humano quere perder o futuro dos seus.
Temos pois dúas perspectivas en liza. As persoas que integran ambas perspectivas comparten a condición de vítimas e son vítimas de poderes que semellan contrapostos. Por un lado a monarquía absoluta e polo outro unha Europa incapaz de facerlle fronte.
O problema é que a monarquía absoluta non ten valores pero Europa si. Isto implica a obriga de axuda. Esta axuda debera ser tanto técnica, na xestión da crise, como política demostrando firmeza na defensa dos valores democráticos fronte a un réxime infrahumano.
Se cadra Europa debe empezar a poñer os puntos sobre os is e, por un lado, axudar a superar a crise e, polo outro, poñer ao tirano no seu sitio. Mais é moi difícil porque o tirano ten poderosos amigos que son, indubidablemente, "democráticos".

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora