Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 15 de septiembre de 2026
Seguir andando

Andei uns cantos pasos e seguín andando. Se deixo de botar un pé detrás do outro, deixo de andar. E non podo quedar quieto. Teño que chegar. A onde? Aínda non sei. O que si sei é que a algún lugar chegarei: mesmo ata o infinito. Ó infinito tamén se chega. Buzz Lightyear chegou. Incluso foi máis alá. "Deica o infinito e máis alá", era a súa ladaíña.
Pingas de Orballo Porén, hoxe non me apetece chegar ata o infinito. Acabo de apousentar as nádegas nunha cadeira, diante dunha mesa, na terraza dun café, baixo unha calor sufocante. É deses días nos que o sol non brilla, pero a sufocación afoga. O reloxo marca 32 graos. Mente coma un troiteiro! Hai polo menos cerca doutros tantos.
E tan só a certos paspáns se lles ocorre sentar na terraza e poñerse a escribir cando dentro da cafetaría teñen o aire acondicionado. Pero os heroes teñen que estar para as duras e para as maduras. Nas duras hai que aguantar. Nas maduras é algo normal.
Deixei de andar e non noto nada. Refírome á canseira. Así, sentado, non me canso. É case un descubrimento que me fai abondo feliz. Porque, como case sempre estou andando, chega un momento en que si me canso. Só un pouco, se digo a verdade. Estou tan acostumado a andar que, cando non ando, síntome raro.
Agora mesmo non o noto moito porque estou poñendo os puntos sobre os is. E mentres me entreteño con isto, non penso no efecto nin nas consecuencias de deixar de andar. Iso si, e por se acaso, antes de notar esa rareza, vou andar de novo uns cantos pasos máis para, logo destes, seguir andando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES