Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de Panxoliñas

miércoles, 30 de diciembre de 2009
Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas entrañables do Nadal; celebración de ledicia e tamén de fondas nostalxias; a ledicia da volta ó fogar daqueles membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén das fondas nostalxias pola ausencia dos seres queridos, que nunca voltarán e que deixaron as nosas vidas marcadas co vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor da súa existencia tan fugaz… A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada circunstancia vital, cada estado de ánimo ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor, todo en fin se interpreta e manifesta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas. O tempo de Nadal, de fonda resoancia en toda a Humanidade, históricamente ten como expresión musical e poética o vilancico, nome que procede do termo “vilano”, equivalente a “rústico”, pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos cultiváronse nas capelas musicais das Catedrais, polos séculos XVII e XVIII, tempos de apoxeo dun xénero que ten seus precedentes nas festas populares do Nadal e na liturxia.. O vilancico foi moi cultivado en Galicia, chegándose a facer moi populares moitos deles fora das nosas fronteiras e aquí traspasou o ámbito puramente popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas, nadais, aninovos e reis. Os mais próximos a nós: Noriega, Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Trapero, Díaz Jácome… cantaron tamén o Nadal e Alvaro Cunqueiro tódolos anos escribía un vilancico para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, o músico e barbeiro “Pallarego”, que lles poñía a música: “Porque son moi pequeniña/ non che me deixaban vir/ pero díxenlle á abuelita / que me trouxera hasta aquí. / Pensei traerche un regalo / unha rosquilla ou un bolo / pero aínda a mín tiveron / que traerme aquí no colo./… Medio kilo de xabón / nestes tempos de estraperlo /val como un ollo da cara / i-a todos nos ven “al pelo”. / Pro … non é para vosoutros ,/ mal está en que eu o diga: / que é para San Xosé e o Neno / e mais para a Virxe María.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES