O paradoxal nas innovacións sociais (3)
Rubal, Pedro - viernes, 09 de octubre de 2026
A escolma xerada pola IA aporta algunha idea relativa a España, onde non carecemos de talentos e coñecementos científicos; pero, segundo parece, as achegas económicas andan escasas, e as mesmas empresas teñen unha taxa de inversión en Investigación e Desenrolo (I e D) inferior á media na UE. Claro, a pequenas e medianas empresas operan en sectores de baixa intensidade tecnolóxica, onde a innovación considérase como un risco innecesario. Pero tampouco facilitan a adecuación innovadora, en xeral, as cargas de xestión es os trámites administrativos, que restan tempo e recursos as empresas, conducíndoas a sosterse no tradicional, lo que nos leva a formular esta pregunta: ¿A mesma Administración do Estado valora ata onde algunha das súas decisións pode acentuar o paradoxal nas innovacións, e conducir á aplicación de solucións complementarias en lugares impropios, como un efecto secundario?.
España non é allea ás modalidades mundiais emerxentes nos ambientes paradoxais. Aquí tamén o ocio reduce o compromiso co traballo e perturba os lazos coas institucións socias, aplicando un individualismo excesivo e impropio. Unha empregada díxome que ela non vivía para traballar, senón que traballaba para vivir ben. Parece que o traballo non identifica ao traballador. Un criterio este no que seguro que se adoita confiar máis que no das institucións; pero se cadaquén busca os seus camiños non pode esperar moito da colectividade, unha condicionante da dimensión social do home. Así os paradoxos socias das innovacións profundas deixan de sentirse unicamente como tendencias compartidas, debido ao nesgo das singularidade dos criterios persoais, que a miúdo, incluso a niveis de compromiso socio-político, xeran destemperos de sentimentos de odio. Pero como o ocio excesivo necesita moito tempo libre, igual que se fose unha tarefa laboral, pretende encherse coas numerosas ofertas do mercado, configurador dos modos do descanso e esixente de gastos que só se cobren con máis horas de traballo, polo que tamén aquí o paradoxo está servido: máis ocio, máis gasto; máis necesidade de diñeiro, máis horas de traballo para gañalo. E engadamos que o tempo excesivamente libre non é un espazo para pensar, senón para seguir as rutinas, unha forma de banalizar os contidos culturais e sobar os celulares.
Ademais, a técnica está constantemente recibindo toda clase de cambios que, segundo as diversas perspectivas, poden considerase melloras ou riscos; pero xa non temos saídas dentro do período de explotación e adianto esporádico, que se iniciou no século XVI e está superado. Algún intelectual dice que o progreso indefinido, máis ou menos esporádico, pero moi elevado, está sendo o signo do noso tempo. Isto invítanos a pensar, ata onde seremos capaces de aproveitalo nun ambiente de equilibrio cos niveles de altibaixos soportables, posto que o equilibrio fundamental debe producirse entre o home e a natureza: conservación dos solos, repoboamentos, aproveitamentos da enerxía cinética en vez dos recursos limitados, etc. Pero todo isto require decisións políticas que termen de que os equilibrios do pasado en transformación deveña un caos, para o que hai que normalizar o consumo, levándoo a unha produción planificada, que potencie a conservación de recursos, e tamén evitar as reaccións violentas das novas técnicas cun pasado que socializou modos de vivir sectarios e superables. E isto debe levar a entender que a eficiencia a nivel tecnolóxico significa manter unha engrenaxe conxunta de varias partes co fin de que poda proporcionar as cantidades correctas de enerxía, bens, servizos, etc., aínda que para acadar esta eficiencia sexa preciso diminuír o ritmo, máis ben que aumentalo, nos diversos sectores, valorando neles a capacidade para soportar o impacto da engrenaxe e suavizar o paradoxal da situación.

Rubal, Pedro