Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día Internacional da alfabetización e día do xornalismo

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 08 de septiembre de 2026
📚 8 de Setembro de 2026:
Día Internacional da alfabetización e día do xornalismo


A EDUCACIÓN NON TEN IDADE.
A CULTURA NON DEBE TER FRONTEIRAS.

Isto é precisamente o que intenta facer a UNED SENIOR nas nosas aldeas e vilas: achegar a educación, a cultura e o coñecemento ás persoas maiores de 55 anos, vivan onde vivan.

Grazas á decisión da UNED SENIOR CORUÑA de achegarse ao territorio, hoxe existen aulas en Lousame, Aranga, Brión, Cambre, Monfero, Paderne, Guitiriz e Xermade, entre outras localidades.

E o máis importante é que estas aulas non son só para as persoas do concello onde están situadas. Moitas alumnas e alumnos desprázanse desde outros lugares para poder seguir aprendendo.

En Paderne e Monfero, por exemplo, participan persoas procedentes de Neda, Ferrol, Betanzos, Irixoa, As Pontes e doutros concellos.

Porque temos unha convicción clara:

APRENDER NON TEN IDADE.

Non queremos que vivir nunha aldea sexa unha limitación para acceder á cultura e á educación.

Queremos que a universidade saia dos seus edificios, se achegue ás persoas e estea presente nos nosos pobos e aldeas.

Queremos unha Galicia rural viva, culta, participativa e con futuro.

Porque unha persoa de 55, 65, 75 ou máis anos non deixou de aprender: ten máis vida, máis experiencia e máis preguntas que nunca.

📚 A educación é un dereito.
🌱 A cultura é vida.
🤝 Aprender xuntos é construír comunidade.

Que a universidade chegue a todos os recunchos da nosa terra.

UNED SENIOR CORUÑA: APRENDER, COMPARTIR E VIVIR... SEN IDADE.

---

📝 HOXE TAMÉN É O DÍA DO XORNALISMO

Queremos dar as GRAZAS de corazón a todos os xornalistas e a todos os medios de comunicación onde exercen o seu labor: prensa, radio, televisión e medios dixitais.

Grazas por dar a coñecer estas iniciativas, por achegarvos ás aldeas, por escoitar aos maiores e por contar tamén *noticias positivas* dos nosos maiores.

Non só desgrazas. Os maiores tamén somos vida, cultura, alegría e futuro.

*GRAZAS POR LOITAR CONTRA O EDADISMO.*
*NON AO EDADISMO.*

---

🔴🔴🔴 *ATENCIÓN* 🔴🔴🔴

*UNED SENIOR CORUÑA*
*EN PERÍODO DE MATRICULACIÓN ABERTO*

*AS CLASES COMEZARÁN A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO*

*PRAZAS LIMITADAS. NON QUEDES SEN A TÚA.*

🌅 *BOS DÍAS! – BUENOS DÍAS!*

Luis Angel Rodriguez Patiño
*UNED Senior Coruña


🎓 UNED SENIOR CORUÑA

ENCONTRO DO ALUMNADO – CURSO 2026/2027

Mércores, 30 de setembro de 2026
📍 A GURITA – PADERNE

A UNED SENIOR CORUÑA organiza un encontro de alumnas e alumnos o próximo mércores 30 de setembro, en A Gurita (Paderne).

O encontro terá como finalidade informar sobre o novo curso 2026/2027, que comezará na primeira semana de outubro, así como axilizar as últimas xestións de matrícula, xa que se achega o último día de prazo para matricularse en calquera das sedes da UNED SENIOR CORUÑA.

🕐 PROGRAMA

12:00 – 13:00 h. 🎶 Ensaios

13:00 – 14:15 h. 🎭 Actuacións

14:15 – 15:30 h. 🍽 Comida

15:30 – 17:00 h. 🎶🎭 Actuacións

💶 Prezo da comida: 14 €

📌 Para participar na comida, é necesario apuntarse previamente aos delegados e delegadas de alumnos de cada sede da UNED SENIOR CORUÑA.

🎵 Dirixe: Fran Cupeiro, titor da materia de Música.

Será unha xornada para encontrarnos, compartir, gozar da música e da cultura e comezar con ilusión un novo curso da UNED SENIOR CORUÑA.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES