Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 10 de septiembre de 2026
O silencio pode bailar

Só sei que non sei nada. É mentira. Algo sei. Outra cousa é que conte ou non.
Hai cousas que non se deberían contar, como as hai que non se deben gardar. Os segredos non se contan. As penas desafóganse. Os pensamentos ou sentimentalismos... uns si e outros non.
Pingas de Orballo Sei que algúns versos riman e outros van por libre. Tamén sei que o silencio deixa de ser silencio cando o ruído chega correndo da festa. Ou viceversa: cando o ruído se esconde entre as paredes da noite pecha, é cando o silencio pode bailar un tango na punta dunha deda.
Sei que o toxo pica, a silva engarra e a bolboreta baila. Baila sobre ese verso que vai por libre, porque a liberdade é ese dereito, ou esa posibilidade, de poder decidir se podo contar o que sei, aínda que semelle que non sei nada.
Pero sei, vaia se sei. Sei que, máis alá de Orión, hai moito máis universo. Que o universo, din, non ten fin. Que a finalidade dun sentimento é facer realidade a esperanza. A esperanza é esa sensación que dá moita guerra cando o silencio se apodera dunha almofada branca.
Sei que practicamente todo vai e vén; que o que xa non está é porque estivo; que o bambán da melancolía deixa de abanearse cando ninguén o empurra... as accións, o tempo, os recordos, a memoria...
Só sei que non sei nada. Sei, sei. Sei que o día que rebente o mundo será porque un berro seco, ou gozoso, se pasou de decibelios. Sei que todo está na miña cabeza. Outra cousa é que o diga ou non, que o pregoe ou non.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES