Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coidémonos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de septiembre de 2026
Está claro que, despois de Deus (para os crentes), o mellor amigo que temos, somos nós mesmos.
Ninguén sabe tan ben como nós mesmos como nos encontramos de saúde física, de estado de ánimo e como nos sentimos espiritualmente.
Polo tanto cómpre:
-COIDAR A NOSA SAÚDE FÍSICA dedicando o tempo necesario ó descanso, alimentándonos o mellor que poidamos, visitando o médico cando faga falta, deixándonos coidar...
-COIDAR A NOSA SAÚDE PSÍQUICA levando unha vida o máis tranquila que poidamos, conservando a calma no día a día, sabendo relativizar os problemas, non afogarse nun vaso de auga, deixándonos asesorar por un entendido se fora necesario...
-COIDAR A NOSA SAÚDE ESPIRITUAL para que a nosa conciencia poida manterse en paz construindo un mundo fraternal para todos.
CADAQUÉN Á SÚA MANEIRA NECESÍTANSE NAIS DE FAMILIA CON BOA SAÚDE.
Pero...
¡Qué difícil o teñen as mamás!
-Regar cada día o amor conxugal.
-As menstruacións.
-Os embarazos.
-Os partos
-A lactancia.
-A crianza.
-A educación dos fillos.
-A alimenación de toda a familia.
-O coidado da casa: cociñar. lavar, planchar, consolar, animar...
-O coidado dos enfermos.
-O traballo fóra do fogar.
¡Canto mérito ten unha muller!
¡Canta forza necesita!
¡Canta axuda!
¡Canto recoñcemento!
Que unha nai de familia poida coidarse é todo unha obra de arte porque ten que multiplicarse e ó mesmo tempo manter a calma.
¡Un equlibrio encomiable!
CÓMPRE UN PAI DE FAMILIA A TODA PROBA
-Para regar o amor conxugal diariamente.
-Para axudar na crianza e boa educación dos fillos.
-Para colaborar nos labores do fogar.
-Para levar unha vida laboral activa.
-Para aportar os recursos necesarios para o sustento do fogar.
- Para inculcar valores exemplares para a familia...
¡Ser pai de familia non é unha broma!
¡Parabéns para todos eses papás que cumpren!
QUE AS CRIANZAS LEVEN UNHA VIDA SAUDABLE
O labor dos proxenitores é básico.
Se os proxenitores fallan, as criaturas quedan orfas aínda que teñan os pais vivos.
-O labor do profesorado será en boa medida o que indique o nivel socio-cultural dos cidadáns do futuro.
Sen a súa valisísima aportación non poderíamos ter nin médicos, nin sacerdotes, nin veterinarios, ni abogados, nin notarios, nin avances científicios...
Seríamos todos analfabetos.
¡Canto mérito ten o profesorado!
¡Canto recoñecemento merece!
TRABALLADORES BEN ATENDIDOS SON A BASE DA ECONOMÍA
-Traballo digno según as circunstancias de cada persoa.
-Condicións de traballo seguras.
-Seguridade social.
-Xubilación flexible según as circunstancias da cada profesión.
Se os traballadore fallan, a e conomía derrúmbase.
¡Coidémolos!
TODOS TEMOS QUE COIDARNOS MOITO
Empezando polos adultos que debemos dar bos exemplos.
E rematando polas criaturas que seguirán en boa medida a nosa senda.
TEMOS O MUNDO NAS NOSAS MANS
De nós depende o presente é o futuro.
Debemos coidarnos a nós mesmos a nivel individual e tamén colectivo sen esquecer a casa común que, ultimamente estase queixando moito.
"COIDA-LA CASA COMÚN, UN RETO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES