Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 09 de septiembre de 2026
A cámara lenta da literatura

Tiña un amigo que me dicía que se negaba a ler libros voluminosos, que unha boa ou bonita historia podía contarse igual nun libro de cento e pico de páxinas ou, como moito, de trescentas. E tiña razón.
Pingas de Orballo Empezo a cansarme dos chamados best-séllers que, para contar un simple asasinato -ou mesmo se se trata dun asasino en serie-, precisan achegarse ás mil páxinas. Nestes libros, por poñer un exemplo, para acender un coche, simplemente para darlle á chave de contacto, poden empregar tres ou catro páxinas.
Estou lendo un que utiliza todos os tópicos que asoman, por exemplo, nesas películas de acción nas que, cando alguén recibe un disparo, cae tan amodiño que ata a propia cámara lenta parece ir a cámara aínda máis lenta.
O caso é que o escritor é un deses que se fixeron famosos precisamente por ese tipo de tramas e polo número de exemplares vendidos en todo o mundo e en varios idiomas. Eu mesmo lin varios del e recordo que a un o clasifiquei como moi entretido; outro pareceume marabilloso; outro, bonito; e dous, regularciños.
Este que estou lendo -levo lidas 251 páxinas e aínda me quedan 425- xa case podo asegurar que o cualificarei de malo polo que máis ou menos comentaba liñas atrás: demasiados tópicos cinematográficos e demasiadas páxinas para non contar practicamente nada e nas que a literatura brilla pola súa ausencia.
Que por que non o deixo? Un sempre confía en que pode pasar algo, aínda que intúa que non vai pasar nada. E, anque pase, xa dá igual. Pero...
Así que moito coidadiño con "Mentira", de Juan Gómez-Jurado, pero coa advertencia de que para gustos hai cores. Oxalá para moitos vós sexa unha obra mestra. Oxalá. Só que sexa así para compensar ese tempo empregado en tantas páxinas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES