Medios de comunicación
Editorial - miércoles, 30 de diciembre de 2009
Para un xuiz madrileño, segundo se publicou nos medios informativos, Internet non é un medio de comunicación social n sentido estricto, senón universal.
Entramos en algo só parangonable co debate do sexo dos anxos que outrora ocupou a altas institucións e mentes preclaras, e que na actualidade se algunha dúbida houbera debería ser estudiado polos máis destacados teóricos da comunicación, mais con todos os respectos á súa señoría non parece lóxico entrar nesas disquisicións teóricas cando Internet parece o summun dos medios de comunicación; o medio de comunicación perfecto.
Os medios de comunicación social, polo que parece, son en sentido estricto a prensa escrita, a radio e a televisión. E internet é universal.
Non entramos para nada na sentencia, senón unicamente na parte alícuota que nos corresponde como entidade participante no extraordinario fenómeno de Internet. E acreditamos o deber e o dereito dun xuiz en xulgar todo o que sexa da súa competencia, e aplicar a normativa corresondente. Pero si debemos opinar en se Internet é un medio de comunicación.
En tempos, os medios informativos eran exclusivamente escritos, e quizais cando apareceu a radio houbo discusións sobre o seu papel, a súa validez, a inconsistencia das mensaxes non tanxibles. E acreditada a radio, chega a televisión que non chegou a arrumbar a estrela da radio, senón que formou o gran triduo que parecía pechar todo o abano informativo.
E chega Internet a renovalo todo. A conseguir a xeneralización da información, en abarcar todo o mundo, en facilitar xeral participación, en conseguir que calquera teña o seu medio informativo nun mundo cada vez máis libre.
Que se Internet é un medio de comunicación, ou é universal?. Pois, efectivamente, resulta ser o medio de comunicación universal. O difícil é diferenciar estes dous aspectos, para un xuiz, para un medio, para un teórico e para todo o mundo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora