Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Yolanda de Sarria

Xiz, Xulio - martes, 01 de septiembre de 2026
Yolanda de Sarria
Yolanda Díaz Gallego, Yolanda de Sarria, 92 anos, é historia viva de Galicia e da galeguidade no Uruguay. Vive entre Sarria e Barcelona, e posúe unha enerxía moza que emociona e que conquista. Ela e Palmira, súa irmá -sólida formación, seriedade e traballo- emigraron ao Uruguai, para elas segunda patria.

Yolanda reinou -única muller nun mundo de homes- no Banco de Galicia de Montevideo, onde foi secretaria xeral. Sería este feito abondo para considerala abandeirada do feminismo laboral, pero o que a fixo especial foi a súa actividade galeguista, eminentemente cultural, no Patronato de Cultura de Montevideo, onde durante 21 anos organizou actos, escribiu e dirixiu teatro, interveu na radio, e foi protagonista da traida a Galicia en tempos difíciles nunha e noutra beira, do busto de Castelao que o Patronato donou á cidade de Rianxo. Volta a España foi durante moitos anos presidenta de O Penedo, destacada entidade cultural dos galegos en Cataluña.

Durante o Covid, fixo memoria dos seus anos no Uruguai, e publicou "Decidín desvelar o proceso", para deixar constancia para a historia do singular labor galeguista en Montevideo, luminoso facho para Galicia en tempos nos que aquí estaba todo por facer.

Agora Yolanda publica tres obras de teatro galegas e en galego, que ven de presentar en Sarria, e logo seguirán en diversos pobos da comarca, Samos o primeiro, escritas hai tempo de xeito anónimo en Barcelona con toda a experiencia da emigración, e que agora ven a luz facendo xustiza á súa autora.

Segue a ferver de actividade esta especial embaixadora sarriá, galega consciente e fervorosa que ama este país e debece por esta terra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES