Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 31 de agosto de 2026
As bolboretas da Terra Brava

A ilusión dun soño. A esperanza feita realidade. O silencio enredado por entre as carballeiras da algarabía e, esta, agachando a cabeza para darlle paso ó ouleo. O ouleo dese lobo libre, feliz e nocturno.
O significado dunha conversa. O baile dunha música. O ritmo dunha cantiga. Unha canción na que desaparecen os medos, na que recúan as angustias e as bolboretas da terra brava pousarán sobre o sorriso da ansia.
Pingas de Orballo Unha confesión en verso. Unha cabeza que non para. Un lóstrego que ilumina a noite pecha. Esa noite na que todo flúe e o poema acouga sobre a almofada do tempo.
Un reloxo que marca as horas. Un tempo que se fai eterno e marabilloso. Unha luz que é pura poesía. E a poesía rima segundo o ritmo do poema. Que nada quede enterrado no túnel da memoria. Que todos os desexos, anhelos, fantasías, ilusións, soños e ansias brinquen xa nesa realidade buscada.
E alí, no medio da noite, nace unha nova mañá. Unha mañá sen medos, sen cadeas e sen sombras. O lobo ergue a cabeza e contempla o horizonte. Xa non oulea por tristeza, senón por liberdade. A súa voz percorre os montes e mestúrase co vento. E cada palabra convértese nunha semente de esperanza. Porque soñar tamén é unha maneira de vivir. E vivir é atreverse a cruzar os límites do imposible.
Así, paso a paso, a ilusión deixa de ser un soño para converterse en camiño, en verdade e en destino. E mentres a noite se afasta lentamente, queda no aire unha música que ninguén pode esquecer.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES