Palmeira Raíña de Cuba

Esta palmeira Raíña de Cuba, tamén chamada Palmeira Real, vina por primeira vez en Gran Canaria e chamoume moito a atención pola súa feitura relambida en tanto que fermosa. É tan bonita que parece unha columna esculpida en mármore branco como se Bernini, Escopas ou Lisipo se puxesen atarefados a darlle á peza de mármore a lisura, apaxo e beleza que precisasen para ser unha columna clásica que é avultada polo medio, pero tan perfecta nas súas formas que non hai torno que labre e moldee a súa figura de dama ataviada na súa cabeza cun verde tan obsceno que semella tamén unha figura impúdica e inmoral dun pene sucando alturas e xogando nun ir e vir coa altitude da súa estatura.
Na súa cabeza remata sempre cunha espada para ferir de amor aos corazóns que a contemplan ao sentirse traspasados, principalmente ás mulleres, polo que nos leva ao pensamento dos órganos xenitais porque neste caso non se cobren con gasas, taparrabos, nin gaitas a beleza orgánica da natureza que nos embelesa engordiño cando lle botamos olladas ao que fai e crea para si e para nós a bela e extensa natureza.
Gran Canaria 17-6-2026