Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor á verdade

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de septiembre de 2026
Din que: "A VERDADE NON TEN MÁIS QUE UN CAMIÑO" e a min paréceme que é certo.
Hai quen di que: tódolos camiños levan a Roma e, cada persoa vai descubrindo o que considera verdadeiro...
A base de erros e máis erros, imos avanzando...
Á CONTA DA TEA, APRENDE O XASTRE
Ninguén nace aprendido.
Todos imos aprendendo pouco a pouco.
Estar abertos a aprender é o primeiro paso que debemos dar.
¡HAI TANTO QUE APRENDER!
Estar dispostos a aprender de persoas afíns a nós e tamén de persoas diferentes; é moi enriquecedor.
A veces, nas diferenzas, encérrase moita riqueza.
ANDANDO POLA VIDA...
Os primeiros mestres son os nosos proxenitores, sen lugar a dúbidas.
Deles aprendemos moitísimas cousas.
Algunhas xa as levamos nos xenes.
Sobre todo os valores
Hai valores fundamentais que son comúns a tódalas épocas e a tódalas civilizacións: o amor, a fraternidade, a humildade, o respecto, as normas de urbanidade, os deberes morais, etc.
Pero ó longo da vida encontrámonos con moitísimas persoas: veciños, compañeiros, profesores, sacerdotes, abogados, arquitectos, agricultores, gandeiros, mineiros, empregados, mendigos, etc...
CADA PERSOA É ÚNICA E IRREPETIBLE
E polo tanto ve a vida á súa maneira según as súas circunstancias.
Pero en calquera caso: todos amamos a verdade.
Todos amamos as persoas que son coherentes co seu modo de pensar.
A min encántanme as persoas coherentes.
As que non me gustan moito nin pouco son as mentireiras.
A MENTIRA REPÚGNAME
Unha cousa é estar equivocado.
Equivocados estamos todos en moitas ocasións.
Pero se recoñecemos o erro, xa está todo perdoado.
Rectificar é de sabios e tamén de santos.
Porque as persoas que rectifican, ademáis de sabias, son santas.
Pero a persoa que minte para enganar ó outro, para xustificarse a si mesma ou por intereses creados, a min NON ME MERECE CONFIANZA.
HAI PERSOAS MOI VERACES
Son todas aquelas persoas nobres e sinceras que non enganan a nadie por nada do mundo.
Hainas de tódalas idades, de tódalas profesións, persoas con poucos ou con moitos estudios...
ESAS PERSOAS SON AS AUTÉNTICAS.
Dannos:
-PAZ que é unha auténtica gozada para a nosa alma.
-SEGURIDADE que non hai seguro de vida que a poida igualar.
-SOSEGO que é tan necesario nestes tempos de tantas présas
-CONFIANZA algo así como un bocadiño de ceo ó noso alcance.
-Todos sabemos que vivimos nun mundo con moitas présas.
Todos sabemos que vivimos estresados por múltiples razóns.
TODOS SABEMOS QUE VIVIMOS ENGANADOS:
Gastámo-la saúde para conseguir cartos e despois gastámo-los cartos en médicos para recupera-la a saúde.
Vai así a cousa...
-NECESTAMOS BAIXAR O RITMO: se non podemos facer unhas vacacións, deixámolas para outra ocasión.
Con ter para o básico, hai suficiente.
-NECESITAMOS TEMPO PARA A FAMILIA: para rega-lo amor entre as persoas, para cooperar nos labores do fogar, para compartir tempo e vivencias, para compartir vida.
-NECESITAMOS COIDAR DE NÓS: somos os mellores amigos, dedicar tempo ás relacións, descansar para repoñer forzas, dedicar tempo para meditar, dedicar tempo á lectura...
No caso dos crentes: DEDICAR TEMPO Á ORACIÓN DIARIA para escoitar a voz do Espírito Santo e pedir as grazas necesarias para que se cumpra a súa vontade en nós.
Non esqucer as prácticas relixiosas en comunidade.
Preguntarnos de onde vimos e cara a onde imos.
Cal é a nosa misión nesta vida.
Coidarnos de modo holístico.
"COIDÉMONOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES