As palmeiras son as árbores máis arrogantes, soberbias e orgullosas de Gran Canaria debido a que no medio

da terra humilde e incluso miserenta ousan estas petulantes e arrogantes árbores levantarse e dominar o territorio como castelos de señores feudais vixiando a contorna e desafiando o sol, a auga e o vento.
Moven as súas palmas cóncavas, que son mans que saen dos pulsos das súas cabezas troncais ata os seus dediños de fronde, como se fosen palmas das nosas mans, movéndose en adeuses continuados despois dunha marcha, obrigada ou non, como despedida afastada de abrís e testemuñas que gardan nas súas lembranzas a dor da despedida.
O emprego de palmas significa triunfo, tal e como facían os atletas gregos cando levaban ramos de palmas para sinalar os seus triunfos e as súas vitorias en sinal de resistencia e fortaleza; e aínda máis, o emprego da palma das nosas mans significa honestidade, transparencia e ausencia de ameazas, así como tamén se dobregan as palmeiras ensinando as súas palmas con harmonía e sinxeleza dicíndonos que non hai máis verdade que a que se ve na sinxeleza aberta e radiante das súas palmas.
Continuará...
Gran Canaria 16-6-2026