Servidor.- Cando lle fixen a necrolóxica ben pensei, tamén, que no Ceo seguirá de Mestra, de Anxo da Garda dos nenos do noso rural! Daquela, Arriba, en que falará? Teño para min que nos dous, igual que na terra: Castelán chapurreado de galego!
-.-
Se nacese neste, no XXI, seguro que a tal momento estaría revolucionando as aulas, esixindo máis formación; máis realismo na formación. Baixaríase ao pobo raso, ¡como sempre fixo!, para oílo, para decatarse das súas necesidades formativas. Nas súas clases non se admitiría o "Si, bwana", o conformismo coa pedagoxía medieval, trasnoitada. Nunca ela faría entrar a letra con sangue; nunca desoiría unha pregunta; nunca pasaría por alto a didáctica dos países máis avanzados. E copiaría dos economistas a nosa preocupación por engadir valores, pois iso é o que tratou de facer sempre: engadir ao que se tiña, avanzar; se cadra dun xeito algo utópico, pero voluntarioso, decidido, ata diría que heroico.
Para facerlle un test de sabedoría hai que situarse no 1911: ¿Que niveis, educativos, culturais, sociolóxicos..., se tiñan daquela? Pois nesas negruras se criou Enriqueta, unha predestinada a facer o que outros destruirían. Rosalía foi filla de Cura, e Enriqueta, sobriña; ¡así sabían latín!
Na escola de Cellán, pintándoa con tenrura infantil, tamén se retratou Enriqueta. ¡Era unha nena cos nenos e unha heroína cos heroes! Se aquela semente, Cordero, cá cousa do voto feminino, Enriqueta, unha Mestra reformista, e algún outro, tampouco demasiados, seguise aleitando España, a estas horas iríamos medio século más adiante no cultural, no social, e incluso na economía, pois houbésemos sido máis prácticos en tódolos aspectos. ¡Estaríamos exportando valores de alta cotización, e non importando trangalladas e aguantando turistas alcoholizados!
-.-
Nas páxinas 116/117 deste libro Xiz invitoume a participar, e así foi, que isto é o que dixen:
Por José María Gómez Vilabella.

¡Esta é Enriqueta, a mesma, unha obra malograda! Son as consecuencias de nacer fóra de época, que non se comprendeu, a ela, nin á súa obra. Pasoulle algo parecido ao seu paisano Manuel Cordero Pérez; debeu ser un problema xeracional.
En Madrid chamáronlle "La Miliciana de la Cultura", e iso foi. Se nacese neste, no XXI, seguro que a tal momento estaría revolucionando as aulas, esixindo máis formación; máis realismo na formación. Baixaríase ao pobo raso, ¡como sempre fixo!, para oílo, para decatarse das súas necesidades formativas. Nas súas clases non se admitiría o "Si, bwana", o conformismo coa pedagoxía medieval, trasnoitada. Nunca ela faría entrar a letra con sangue; nunca desoiría unha pregunta; nunca pasaría por alto a didáctica dos países máis avanzados. E copiaría dos economistas a nosa preocupación por engadir valores, pois iso é o que tratou de facer sempre: engadir ao que se tiña, avanzar; se cadra dun xeito algo utópico, pero voluntarioso, decidido, ata diría que heroico.
Para facerlle un test de sabedoría hai que situarse no 1911: ¿Que niveis, educativos, culturais, sociolóxicos..., se tiñan daquela? Pois nesas negruras se criou Enriqueta, unha predestinada a facer o que outros destruirían. Rosalía foi filla de Cura, e Enriqueta, sobriña; ¡así sabían latín!
Na escola de Cellán, pintándoa con tenrura infantil, tamén se retratou Enriqueta. ¡Era unha nena cos nenos e unha heroína cos heroes! Se aquela semente, Cordero, cá cousa do voto feminino, Enriqueta, unha Mestra reformista, e algún outro, tampouco demasiados, seguise aleitando España, a estas horas iríamos medio século más adiante no cultural, no social, e incluso na economía, pois houbésemos sido máis prácticos en tódolos aspectos. ¡Estaríamos exportando valores de alta cotización, e non importando trangalladas e aguantando turistas alcoholizados!
-.-Gómez Vilabella, Xosé M.