Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (16)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 08 de septiembre de 2026
11. ¿Qué pensa do futuro desta tradición, tendo en conta a súa vinculación do mundo rural, que agora mesmos está esmorecendo e, en moitos casos, o seu uso turístico?
Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (16)
Con respecto ao futuro desta tradición a miña resposta é moi incerta, xa que depende de no nivel de poboación lugareña, que sega vivindo vivindo nesa comunidade. No obstante, dende a miña óptica poden darse tres posibilidades:

* Que haxa comunidades que segan mantendo un nivel de poboación autóctono óptimo, e, polo tanto, podan seguir mantendo esta tradición aínda que coa axuda ecónomica das institucións locais, e autonómicas pertinentes. Unha vila que conmemora o Entroido durante cinco días ou máis, non pode seguir mantendo o custo, que conleva esta tradición, por si mesmo. Isto e debido a que ten que facer fronte a unha serie de gastos difíciles de soster, tendo en conta que ao longo do ano hai que apoiar tamén a outras tradicións de índole relixiosa como pode ser "a festa patroal da parroquia", etc...

* As comunidades parroquiais máis pequenas é moi probable que a súa poboación vaia diminuindo co paso dos anos e non teñan poboación foránea. Nese caso para manter a tradición é mester unirse a comunidades limítrofes, que teñan entroidos moi parecidos, aínda que coas súas pecualiaridades. Chegada a data, O Entroido podería celebrarse un día nunha comunidade, dando a coñecer os seus rituais propios; e o segundo día, na outra, dando visibilidade aos seus. Deste xeito, as tradicións, sempre coa axuda das diferentes institucións, conservaríanse un tempo máis ou menos longo.

* Finalmente, vai haber comunidades que aparte da poboación lugareña incorpore persoas foráneas con outras culturas e modos de vivir diferentes. Nese caso, eu penso que os migrantes teñen que integrarse ao novo medio social, axudando a que ás tradicións do mesmo poidan sosterse. No obstante, tamén creo que os lugareños deberían exercer un labor de reciprocidade cos novos inquilinos axudándolles a manter tamén as súas tradicións. Deste xeito, a solidariedade sería unha das bases fundamentais para vertebrar unha convivencia entre todos os grupos.
Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (16)
En canto, aos turistas ou persoas doutras comunidades, que veñan a coñecer estas tradicións convén que teñán un coñecemento dos seus códigos e manteñan unha actitude de acatamento ás mesmas.

12. BIBLIOGRAFÍA.
AMARELLE, Raquel G. Galicia en Entroido. Santiago. Xunta de Galicia. 2006, pax.44-47.
ARAÚXO, Emilio.: Se toda a Vida dos Vellos e dos por nacer (O Entroido Ribeirao), Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela, 2014.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme.: Achegas históricas ao Antroido de Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI, en Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga) nº 19, 2009.
CARO BAROJA, Julio.: El Carnaval. Análisis hitórico-cultural. Barcelona: Taurus. 1979.
COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1992.
CHAO REGO, Xosé.: "O Entroido é unha entrada", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Coord. Xosé M. Carballo Ferreiro. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, Lugo, 1993, Dirección Xeral de Política Lingüistica.
FIDALGO SANTAMARIÑA, X.A..: "IV. Cara a unha busca do sentido do Carnaval ourensán", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación de Ourense. Fundación Caixa Galicia, 2009.
FIGUEIRAS RÍO, Almudena.: Modernización dunha Comunidade do Rural Galego. Análise Antropolóxica das iniciativas vinculadas co Concello de Chantada. I Certame de Investigación do Condado de Pallares. Ed. Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Guntín (Lugo), paxs. 47-62.
FIGUEROA PAZ, Antonio.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (Six). Autor dos mapas de localización.
GAIGNEBET, Claude.: El Carnaval. Ensayos de mitología popular. Barcelona: Ed. Alta Fulla, 1984.
GARCÍA CENDÁN, Bernardo. "O desacougo da risa", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
GARCÍA SANTOS, Alfonso.: Antroidos e Máscaras na Galiza Rural. De Nos. Monografías con perspectiva galega. Ed. Sermos Galicia. Compostela. Galiza. 2019, páxs.78-79.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmo e o nós outros, Vigo: A Nosa Terra, 1993, páxs. 173-174.
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Oscar J.: Mascaradas de la península ibérica, Oviedo: Ed. Autor, 2014.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio.: As festas cíclicas do ano, Santiago de Compostela: Manuais do Museo do Pobo Galego, nº2, 1991.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R. Antroido en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 1987
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. Guía de festas populares de Galicia. Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "A Mesta Fraga das Festas de Galicia", en Tempos de Festa en Galicia, T.I. Entre os Reis e o Mes de Maio. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "As caras do Carnaval na periferia da provincia Ourensá. O sur da provincia de Lugo", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación Provincial de Ourense, 2009, páxs. 276-290.
GONZÁLEZ, Javier.: Comedias para un pobo, seis pezas de teatro, Lugo: Deputación de Lugo. Vicepresidencia primeira. Colectivo Beladona,2014, páxs.57 e 73.
LISÓN TOLOSANA, C. Antropología cultural de Galicia. Madrid: Editorial Siglo XXI, 1971.
LISÓN TOLOSANA, C.: Teoría Etnográfica de Galicia. Antropología cultural de Galicia, IX, Madrid: Akal, 2012.
MARIÑO FERRO, X.R.: O Entroido ou os Praceres da carne: Sata (A Coruña). Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 84, 2003.
RISCO, Vicente.: Historiza de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura Espiritual. Madrid: Akal.
TABOADA CHIVITE, X. Ritos y creencias gallegas. A Coruña: Edicións Sálvora, 1980.
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel. " O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa", en Boletín do Museo Provincial de Lugo. T. VII. Vol. 2, 1995, pp. 249- 258.

INFORMANTES.: Xoán Carlos González; Marisé Rei; Iván González; Carmen Rei e o seu cónxuxe Alberto; Ignacio Gayoso; Luís Prado; Carlos Rei Álvarez (Morito); Jordi González; Oscar Gayoso; Alexandra Cabanas; José Manuel Seixas; Loís Prado; Carlos Vigo Varela; Beatriz González e o seu conxuxe Antonio; Jennifer Prado; David Rivera; Jandro Barciela; Esteban Lago;

WEBS:
PIZARRO, Victor Manuel: "Entroido Ribeirao", en https://ciudad-dormida. Blogspot.com.

VI. OUTROS ARTIGOS DO "AUTOR" SOBRE O ENTROIDO NA PROVINCIA DE LUGO
BLANCO PRADO, José Manuel: "Primeira exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2005, paxs. 203-222.
BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: "Achegas históricas ao Antroido do Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI", Croa, nº 19, 2009, páxs. 58 -84.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada", Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
"O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo", Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-77.
"2ª Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2012. 2010.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: «O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)», Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
BLANCO PRADO, J.M. «O Entroido na Diocese de Lugo, III, O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres nas Terras de Lemos». Lucensia , nº 45,2012, páxs. 378-389.
O Entroido en imaxes: mostra fotográfica da provincia de Lugo. Deputación de Lugo. Vicepresidencia. Rede Museística.2012
"Aportacións sobre o Entroido Lucense". Anuario Brigantino nº 36, Betanzos (A Coruña), 2013, páxs. 495-513
Autor da foto da portada do libro «O Teatro no Entroido de Salcedo (A Poboa de Brollón)», Deputación Provincial de Lugo, 2014.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 1985-2002", Anuario Brigantino, nº 39. Betanzos (A Coruña), 2016.
Terceira Exposición do Entroido na provincia de Lugo, Mesón do Forno, Lugo, 2017.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 2003-2012. Croa, nº 29 . Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo), 2019.
"Novas achegas históricas sobre o Antroido de "Val de Francos" (Castro de Rei) (Lugo) Segunda década do Século XXI", Croa nº31, Castro de Rei (Lugo), 2022, páx.96-127.
"Rituais ancestrais do Entroido. Achegas históricas á corrida do galo en Galicia e nos concellos chairegos de Castro de Rei e Cospeito", en Pena do Encanto nº 11 (Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos). Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba (Lugo), paxs. 9-23.
"Achegas etnohistóricas ao Entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) (Lugo) no século XXI ", en Croa nº 32, Castro de Rei (Lugo), 2023, páxs.129-149
"O Enterro da Sardiña en Vilalba (Lugo) dos anos 2003 ao 2006", en Pena do Encanto nº12.
(Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos). Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba (Lugo), páxs. 7-18.
"O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo) (II)", en Croa nº 34. Boletín doMuseo do Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo), 2024, páxs.174-207.
"O Enterro da Sardiña en Monforte de Lemos" (Lugo). No prelo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES