Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 27 de agosto de 2026
Cando deixo de ser

Cando deixo de ser invisible, mimetízome en lobo. Sempre me gustou ser lobo, para poder oulear desde os outeiros, só desde os outeiros. Nas chairas e nos lameiros dedícome a cazar, e, de caza, selecciono moi ben a presa.
Porén, o meu verdadeiro gozo é ser invisible: entrar por onde ninguén pode e visitar lugares que algúns xa quixeran coñecer. Ás veces, mesmo me meto na cabeza de alguén, só para confundirlle as ideas, para enredar os seus pensamentos. E así, pouco a pouco, a súa desgana, indiferenza ou apatía repousa sobre a ansiedade do meu ego, sobre o desexo do meu propio rego.
Pingas de Orballo Coa invisibilidade por bandeira, contemplo, observo, vexo todo aquilo que algúns non queren ensinar. E esa é a miña gran vantaxe: eles non poden ver o meu sorriso pillabán nin o brillo dos meus ollos, aínda que ben sei que existen brillos lagarteiros e olladas raposeiras.
Vexo pensamentos que esbardallan sobre a relación dun lobo cunha bolboreta, cousa fóra de natura. Mais, como dicía aquel, de todo hai na viña do Señor. Mesmo un paporroibo pode decidir pousar sobre o fociño do lobo. Cando isto sucede, ouleo con máis forza, máis melancolicamente e os pelos póñenseme tesos ante tanta ansiedade.
Porque hai cousas que non deberían acontecer e, con todo, acontecen. Hai encontros que desafían a natureza e outros que a natureza inventa para burlarse de nós. Eu limítome a mirar, invisible, agardando o momento exacto para deixar de selo.
Entón volvo ser lobo, subo da chaira e regreso ós outeiros, na procura dese acougo sentimental que, de continuo, me fai oulear. Ouleo sobre o silencio da noite.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES