Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O resto é secundario

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de agosto de 2026
O seres humanos somos insaciables.
Sempre queremos máis.
Ese debe ser o motivo polo que estamos chamados a evolucionar.
Evolucionar é o que corresponde pero:
Evolucionar no sentido correcto, o que nos indica o máis común dos sentidos: O SENTIDO COMÚN.
Pero non sempre o deixamos actuar porque nos preocupa o que pensarán de nós e facémo-las cousas mirando cara á galería.
MIRANDO DE PORTAS A FÓRA:
- BAUTIZOS, no caso dos crentes, esquecendo que o principal é recibir o Sacramento que nos fai fillos de Deus e membros da Igrexa Católica.
En vez de interesarnos polos valores cristianos, interesámonos polos mundanos.
Imos en dirección contraira.
-PRIMEIRAS COMUNIÓNS, en ocasións, como se dunha festa profana se tratara sen ningún tipo de manifestación cristiana por parte dos propios pais, que terían que dar exemplo.
Recibir a Cristo no nosos corazóns é unha gran festa, pero se non mostra adhesión a Deus e á Igrexa fundada por Cristo, quédase nunha festa profana.
Relixiosa e moralmente carece de valor.
Máis coherente sería non facer nada, porque coas cousas de Deus non se xoga.
- GRADUACIÓNS: desde infantil ata a universidade importándonos pouco se o nivel dos estudios é o adecuado ou se o alumnado pasa de curso por lei.
As graduacións deberían ser para celebrar o remate dunha etapa con aproveitamento e éxito.
O resto é facer festa porque si, como se todo fora vento en popa e a toda vela.
- CUMPREANOS, desde moi tenra idade, como se se tratara de algo de mérito propio, sen ningún agradecemento ó Dono da vida en moitas ocasións.
O importante é a festa.
O agradecemento ignórase ou déixase para mellor ocasión, cando vexamos a vida pendiente dun fío...
-UNIÓNS DE FEITO pola vía rápida sen pararnos a pensar o que eso significa:
A construcción dun fogar con apoio mutuo, comprensión, perdón, paciencia, educación en valores da descendencia...
Ignorar esto é construir castelos no aire.
-ENTERROS CAROS CON MOITAS FLORES E POUCA PARTICIPACIÓN E ESCASO RESPECTO.
As funerarias convértense nun lugar de encontro con pouco respecto e caso omiso en moitas ocasións da persoa en corpo presente.
Féretro pechado, asunto rematado.
Como se a alma non contara.
Algúns envíannos directamente á incineradora e aí acaba a historia.
Outros celebran o funeral, pero son moitas as persoas que van a acompañar ata a entrada do cemiterio porque a igrexa quédalles grande e ofrecer unha oración considérano algo innecesario.
Quédanse fóra falando de contos da feira que van para o mercado, e nin siquiera se dan conta de que molestan os que están dentro da igrexa seguindo a celebración.
Deberíase como mínimo; acompañar na dor á familia que se despide dun ser querido e, a ser posible, acompañar tamén na oración e na celebración litúrxica.
En caso contrario, sería máis coherente, quedarse na casa.
VIVIR DE APARIENCIAS SEMPRE ESTIVO DE MODA
Impórtanos moito o que pensen os demais de nós.
Vivimos moi enganados.
Poñámonos como nos poñamos, nunca imos facer as cousas ó gusto dos outros.
A persoas que teñen por misión a censura destructiva, vannos censurar de todas formas.
Tanto se actuamos correctamente como se non.
A ignorancia é moi atrevida.
Afortunadamente hai moitas persoas que actúan con criterio propio.
Adoitan ser persoas con conciencia rectamente formada.
Non lles preocupa o que poidan pensar os outros.
Teñen clara a rota que deben seguir.
Hainas de tódalas idades, desde nenos ata maiores.
As apariencias tráenas sen coidado.
Elas van ó grao porque aman a verdade.
"AMOR A VERDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES