Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o tabaco

viernes, 25 de diciembre de 2009
Foi un dos productos “estrela” na recadación de impostos indirectos por parte dos nosos gobernos e a súa expendeduría foi un dos negocios máis rendibles ou apetecibles da España doutrora cando a adxudicación dos establecemento de venda de tabacos, letras de cambio e selos se facía ós elementos vencedores dunha guerra que deste xeito garantían unha existencia tranquila de por vida.

Eran tempos de tabaco e rosas (“viño e rosas” quere o cine e a canción), nos que Hacienda se lucraba de xeito especial nuns productos de xeneral consumo, que chegaron a ser tan consustanciales ás nosas vidas que o non fumador case tiña que xustificar socialmente o feito de non fumar nin comprar tabaco.

As investigacións médicas, os resultados da defensa da saúde foron poñendo estes productos no seu lugar, a sociedade asumíu que o fumar era un vicio e non unha virtude, e Hacienda tivo que “plegar” diante de Sanidade porque a saúde é o primeiro aínda que a economía non vaia moito detrás.

Estamos no momento en que se vai producir outra volta de tuerca para apretar ós fumadores que aínda quedan, e reducilos a guetos por agora incógnitos que haberá que descubrir porque se todo vai como se agarda, no decurso de 2010 estará prohibido fumar en todos os lugares públicos, incluídos todos os locales de hostelería.

Os hosteleiros -empresarios de bares, cafeterías e restaurantes- puxeron o berro no ceo, clamando polos seus dereitos económicos diante das que suponen previsibles perdas, sen que estas estean demasiado claras xa que se en todos os establecementos estará prohibido fumar, non se producen diferencias e ninguén vai deixar de acudir a un negocio hosteleiro para acudir á competencia, se está na mesma situación.

De novo, o tabaco. O tabaco vicio fronte ó tabaco productor de ben xeitosos recursos económicos, ós que haberá que renunciar polo ben de todos. Será en 2010. Alomenos, eso nos din.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES