Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eduardo Sánchez Fraga

Rubia, Xoan - viernes, 28 de agosto de 2026
Podería comezar dicindo aquilo de había unha vez... como se dun conto se tratara, pero non foi un conto. Malia iso vou comezar así: había unha vez un médico chamado Eduardo Sanchez Fraga que nacera en Betanzos no ano 1909 pero que, recen rematada a carreira, trasladouse a Mugardos onde residía a súa avoa para exercer a medicina e onde acadou a simpatía da xente pola entrega no seu traballo e pola súa bonhomía. Eduardo Sánchez Fraga Chegou a ser amigo de Juan Prieto Balsa, alcalde comunista da Fronte Popular, sendo máis tardetestemuño na voda deste. Sempre disposto a axudar aos menos favorecidos puxéronlle o apelativo do "médico dos probes". Cando se produce o golpe de estado en xullo do 36 estaba xa na diana da beatería e da dereita máis recalcitrante da vila, tanto é así que foi denunciado e acusado de ser espía ruso e de ter desencadeado a loita fratricida (sic), e por suposto de comunista, algo moi usual se iso axudaba a levarse a un por diante. - Pero era comunista, non si? din aínda hoxe algúns como se iso servira e fora suficiente para xustificar o seu asasinato. E, polo que se ve, foino.

Nunha vila pequena xa se sabe o que pasa: case todo o mundo coñécese e as envexas están tamén a flor de pel e calquera falsa acusación era suficiente para satisfacer as ansias de sangue daqueles que pretendian desfacerse dun competidor, xa fora no ámbito persoal ou estrictamente ideolóxico. Poderáinse facer conxeturas acerca das voces acusadoras e poñerlles nomes e apelidos, pero serían suposicións, sospeitas máis ou menos fundadas pero que a estas alturas nada conseguirían.

A Eduardo Sáchez Fraga detivérono cando tiña 27 anos e foi levado ao buque "Plus Ultra" habilitado como prisión flotante no medio da ría e cando alborecía o día 18 de agosto, cúmprense agora 90 anos, foi desembarcado e conducido ao cemiterio da vila onde, xunto a Xosé Tenreiro natural de Pontedeume e secretario do Concello de Mugardos, naquela mañanciña de costas a unha tápia foron vilmente asasinados sen tan sequera ter opción a unha pantomima de xuízo.

Isto non foi unha fábula e si a crúa realidade, veracidade sustentada no odio máis recalcitrante, na crueldade máis ignominiosa, nas parcelas máis abxectas do comportamento humano que levaron así a algúns, sen inmutarse e sen aparente cargo de conciencia, a cometer eses crimes de lesa humanidade. Xa pasaron 90 anos e os testemuños vivos daquela barbarie xunto aos autores daquelas falsas acusacións xa desapareceron, pero iso non é óbice para que hoxe esquezamos que a aquela xente lles roubaron a vida cando tiñan arelas de crer que un mundo mellor e máis xusto para todos era posible. O médico Eduardo Sanchez Fraga foi un deles. Gloria e recoñecemento haxa para el e para todos os que crian naquel degoro.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES