Altamar
Yllade Ramil, Gemma - lunes, 24 de agosto de 2026
Aínda que non o creas, somos mar, somos mareas, cando está tranquilo non hai ondas grandes, cando está revolto hai ondas densas.
Vacacións en altamar. Non lle deas mais voltas, pasan veleiros que se atopan, ondas que chegan á beira que surfeas.
Somos mar, somos mareas que soben e baixan nesta esfera; demóraste coa esperanza de atopar unha mensaxe nunha botella e quizá sexa iso o que te desespera.
O vaivén móvete, ti apenas te decatas estando nun barco ou na area. Sabes que se o mar está tranquilo todas as cousas son boas.
Tanques que se pelexan captan inocentes sen os mesmos merecedores das nosas guerras.
Somos mar, somos mareas, o sol de calquera era, o vento que non aprema.
Fai unha calor infernal, esperando a que amaine a tormenta, preferimos a tranquilidade que adentrarnos a descubrir máis.
Se estamos á deriva é certo que hai un faro que nos guía; é o compás que temos cando cremos que a vida está perdida.
Saíndo case sempre a flote, aínda que te abandonen en terra, mesmo cando nos quedamos por decisión propia atopamos o aire que respiramos, atopámolo.
Somos mar, somos mareas, iso xa ninguén cho nega, quedándome ou marchándome, esperando a que amaine ou comigo baile.
Somos mar, somos mareas que soben e baixan nesta esfera e que, se quere, xa chegará a mensaxe nunha botella ou calquera cousa que che dea corda.
Vacacións en altamar; non lle deas máis voltas.

Yllade Ramil, Gemma
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora