Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fe de Pedro, fundamento da Igrexa

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 23 de agosto de 2026
DOMINGO 21 A.- Is 22,19-23.- Sal 137 (138).- Rm 11,33-36.- Mt 16,13-20

• Será un pai para os habitantes de Xerusalén (Is 22,219

• Cando te chamo, Señor, respóndesme (Sal 137 (138),3)

• Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa (Mt 16,18)

A FE DE PEDRO.
FUNDAMENTO DA IGREXA

O teu convencemento,
Pedro querido,
da forza salvadora
que en Xesús viches,
e que tanto apreciaches
como pan para o mundo,
non veu de razoar
con siloxismos...

Antes de confesalo
diante do amigo,
e antes de ser anuncio
co enorme testemuño
de dar a túa vida,
foi fame en ti primeiro,
de irmandade,
foi soño de remedio
para os pequenos,
foi dor e foi ferida,
que che mancaba,
foi profunda empatía
con ese tal Xesús,
o nazareno,
que apareceu un día
novo en Cafarnaún,
activador do Reino,
que co pobo agardabas,
pois Deus o prometera,
e el enchía de luz
e de inmensa tenrura
a túa dor escura.

Por iso che saiu
fondo de dentro,
cando vos preguntaba
quen pensabades que era,
declaralo Mesías,
e de Deus Fillo...

Non foi un pensamento
elaborado,
pois máis ben foi un berro,
que impoñéndose en ti,
o proclamabas,
con viva convicción,
o que despois a Igrexa,
os amigos e irmáns
que o descubriron,
e coma ti o seguiron,
foille chamando
doutros modos distintos,
pero que dan no mesmo:
Cristo Liberador,
Camiño Certo,
ou Mestre e Conselleiro,
Alento, Verbo e Guía,
Vitorioso Adaíl,
Irmán e Amigo Fiel,
Redentor que rescata,
Fonte do Santo Espírito,
Pan de irmandade,
Viño de festa,
Pastor benigno,
Voz da Verdade,
Auga de vida,
Ungüento santo,
Esposo casto
e cheo de paixón
pola Igrexa que salva,
Forza de comuñón
para crear vencellos,
e ensinarnos a ollar
a Deus como Pai-Nai,
e dóce compañía,
aos outros como irmáns,
(que nos poden matar
ou traizoar),
e a nós como invitados
a esa humilde tarefa
de amar como El amou.

Xesús felicitou
esa fe túa,
que a el o confirmaba,
na súa vocación
de ser do Pai,
Palabra e servidor
do Reino novo
que pide implicación,
e que nel alumou
xa para sempre.

E lembrouche que a Luz
que te inspirara
nesa clara visión
que confesaras,
de Deus che viña,
para que a Deus buscaras
sen fanfurriña,
e o serviras como El,
Ela te serve,
e puideras erguerte
se algún día caías
en tentación.

Graciñas meu Pedriño,
pedra da fe,
que da Igrexa es padriño,
por don de Deus,
e nos fas solecer.

Apertas de domingo
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES