Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lección maxistral dunha mestra (5)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 15 de septiembre de 2026
Este libro, con un "rexemento" de devotos, capitaneados polo "coronel" Xulio Xiz, é un auténtico devocionario, dunha lexión de admiradores, PERO…, ¿quen son eu para A lección maxistral dunha mestra (5) corrixir o seu título! Se o fose, ampliaríallo, poñendo: "Benquerida, hoxe, como lles adoita pasar a tódolos mártires, pero, primeiro, primeiro non, que aló no medio, fuches tan odiada que, incluso con feridas mortais, leváronte de Lugo á Coruña..., sen sequera quitarche as balas!".

Neste libro, ¡que ben te retratou o propio Xiz! Ide á páxina 145, que é moi orixinal:

Palabra de Enriqueta. Entrevista de Xulio Xiz en Radio Popular de Lugo, a comezos do curso 1979-1980.
(Respéctase o seu uso do galego e castelán nas expresións da entrevistada, que os foi interferindo segundo lle viñan as evocacións, consecuencia da súa trashumancia vital. Improvisación e naturalidade, pois salta á vista que o tema non o tiñan preparado de antemán).

Nota informativa:
Preescolar na Casa (PnC) (En castellano Preescolar en Casa) fue un programa educativo que nació en Galicia en 1977. El programa tuvo como misión contribuir a la formación de los padres y madres que tienen hijos o hijas hasta los seis años para ayudarlos a desarrollar plenamente las capacidades de sus hijos a través de la reflexión sobre los acontecimientos de la vida cotidiana. Funcionó durante 35 años hasta su desaparición en 2012.
El nacimiento de este programa coincide con el proceso de creación de grandes grupos escolares en las cabeceras municipales o con la falta de acceso a la escolarización de niños y niñas de entre cuatro y cinco años, especialmente en las zonas rurales.
Na 145 e seguintes:
Enriqueta non podería soñar que trinta e seis anos despois desta conversa, a Deputación Provincial ía organizar unha exposición sobre a educación en Lugo, na que ela ía ser o central punto de referencia, que eu gardaría memoria dela como para ousar meterme nunha aventura como este libro representa, e que unha asociación de mulleres lucenses levaría o seu nome: Asociación Enriqueta Otero de Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero. E abriría os ollos coma pratos se soubera que eu gardei a gravación orixinal daquela entrevista, sen imaxinar -nin ela nin eu- que sería escoitada trinta e seis anos despois na exposición que a lembrarían e honraría, e publicada neste libro.
Non sei se o Cid Campeador podería ser un dos seus personaxes de referencia pero seguro que -afeita ás derrotas cotiáns- resultaríalle ben estraña esta súa vitoria postmorten: vitoria sobre o tempo, sobre a incomprensión, sobre a memoria; vitoria sobre si mesma!
Agora que todo o bo se magnifica, e as memorias son máis benignas porque os anos van abríndonos ollos e mentes, facéndonos máis sabios por experimentados; máis humanos porque co paso do tempo case nada humano nos é alleo, Enriqueta, por ser parte da nosa historia, chega a ser case da nosa propia familia.

Xulio Xiz. Campaña pro-preescolaridade na provincia de Lugo. É profesora ao servizo da Inspección. ¿Por que esta campaña?
Enriqueta Otero. Porque comprendín e vin claro que é un problema moi transcendental esa etapa do sistema educativo. De tódalas etapas considero que é o máis transcendental, o máis importante, é como os cimentos dun edificio. Moi importante E.G.B., moi importante a segunda enseñanza, moi importante a Universidade, moi importante E.P.A., despois da escolaridade, pero si faltan los cimientos, si está desatendida, desamparada, esta etapa de la preescolaridade, pois non cabe duda, pasa, como nun edificio, derrúmbase, falla..., nunca é perfecta a formación do ser humano.
Entonces, dada a importancia desta etapa da preescolaridade e a consideración de que está totalmente desatendida, porque non é que falle un pouco, en que falte perfección como faltan tantas cousas, sinón que está totalmente desatendida... E non o digo eu que o dixo en certo tempo Cáritas, e díxoo, publicouno na Voz de Galicia, porque podería parecer que era así como unha apreciación esaxerada por parte miña, pero non é así. É unha cousa constatada, ben comprobada, de que a etapa máis transcendental de todas as etapas do sistema educativo está totalmente desatendida. Vanse concentrando algúns nenos, lévanos nos autocares cos outros rapaces, e verdadeiramente, resulta de todo iso un poutpurri, un desastre... O neno de catro ou cinco anos non pode ir aglomerado como pasaba no transporte de Castroverde, en que onde cabían 56 metíanse tranquilamente cen nenos.
Non cabe dúbida de que non é unha síntese inadecuada se dicimos que un neno privado da preescolaridade nunca na vida poderá ser intelectual. Poderá ser médico, avogado, fontaneiro, etc.; poderá aprender os teoremas que outros analizaron e sistematizaron, pero de ningunha maneira aquela mente virxe, aquel cerebro, aquelas neuronas virxes, de aquella masa encefálica que empieza a vivir, si no fue ejercitada, si no recibió incisiones, y estuvo sometida durante 6/7 años a la monotonía de impresiones, ese A lección maxistral dunha mestra (5) cerebro, nunca en la vida ese cerebro queda instrumento adecuado para la deducción, para la reducción y para la intelectualidad. Entonces, que importancia tan grande tiene la etapa preescolar, cuando invariablemente condenamos a los seres que carecen de ella, de la posibilidad de llegar a ser intelectual.

X.X. ¿Cal é o sistema polo que vostede avoga?
E.O. El sistema..., verás. Eu, agora, de momento, non quero só presentar unha crítica de que faltan as bases e os centros preescolares; quero dar unha alternativa positiva, quero presentar unha solución concreta para o noso caso, de Galicia, e de Lugo concretamente, e é que se creen preescolares nos locales que quedaron vacíos en las concentraciones, pero que se haga de esos locales un lugar adecuado, porque toda persona culta sabe que un ritmo, un colorido, una nota de un piano, un sonido, que le puede parecer a un inculto cualquier cosa, como lo diríamos, una cosa superflua...
Que coma agora e engorde, que ten tempo de aprender! ... Pois non é así: aquela neurona, aquela célula virgen que recibió aquella nota musical, la influencia de aquel colorido, aquel ritmo, aquel baile, aquel juego en lugares recreativos, como son columpios, etc., tiene una transcendencia y una importancia inmensa para los niños que empiezan a desenrolarse, a desenvolverse realmente. Entonces, propoño unha alternativa eficaz e completa que consiste en preparar los locales, estos que quedan desalojados por la concentración, en vez de dejarlos derrumbar y en vez de tratar de venderlos y en vez de desafectarlos, palabra que espero ter tempo para analizala...
Non pode desafectar un colexio naide, nin que o haxa feito o municipio, nin que o faga o Estado. Desafectalo, quere dicir que pode quedar para churrería, ou o que fose..., xa que lle terminou a tarea para a que foi creado. E non é así.
...
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES