
No 1977 foi candidata ao Parlamento nas eleccións xerais, polo PCE.
Nos seus últimos anos distanciouse da dirección do partido; ¡evolucionaran ambos, distanciándose!
Morreu. A consecuencia dun problema renal, ¡que foi o único problema que non resistiu!, no hospital provincial, en Lugo, cando estaba a punto de cumprir os 80.
(Ponme nervioso a súa biografía, a súa resistencia, física e moral, a súa entrega aos seus ideais, porque xa me parece que estou retratando, cun aparello deses de IA do século XXI, a unha deusa do Olimpo, se é que aínda quedan!)
Despois de mil avatares, ¡que nin ela os deu contado!, pero algo relataron os seus biógrafos, tal que:
Bibliografía
- ARRIZADO, P., "Enriqueta Otero. As mil argalladas dunha resistente", A Nosa Terra, n.97 (1980), p. 7-8
- GONZÁLEZ ARAUJO, I., "Enriqueta Otero: un intento de revolución cultural desde Lugo", en Marco López, A. (coord.), Simposio Internacional Muller e Cultura, Santiago de Compostela, Universidade, 1992, p. 199-203.
- RODRIGO, A., "Enriqueta Otero Blanco", en Mujeres para la historia. La España silenciada del siglo XX , Madrid, Compañía Literaria, 1996, p. 307-323.
- RODRÍGUEZ GALLARDO, A., "Enriqueta Otero: mestra, miliciana da cultura e guerrilleira", Dezeme. Revista de Historia e Ciencias Sociais da Fundación 10 de Marzo, n. 9 (2004), p. 54-61.
- RODRÍGUEZ GALLARDO, A., Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco, Lugo, Fundación Dez de Marzo, Concello de Lugo, 2005.
Extras de Enriqueta
- "Nuestra guardería". Artigo de Enriqueta Otero publicado o 14 de xuño de 1937 en Al Ataque
- "La compañera de Piera". Artigo de Enriqueta Otero publicado o 3 de xullo de 1937 en Al Ataque
- Carta de María de los Dolores (Enriqueta Otero) a Martín (guerrilleiro) con data 4 de novembro de 1945
- Carta na que Enriqueta suplica indulto con data 30 de novembro de 1961
- Documento no que se certifica a boa conducta de Enriqueta Otero con data de 11 de outubro de 1961
- Documento con data 19 de maio de 1965 segundo o que se lle outorga a Enriqueta Otero Blanco a súa liberdade definitiva
- Ficha carceraria de Enriqueta Otero
- "Oración a Rosalía". Poema de Enriqueta Otero Fonte: Consello da Cultura Galega. Colección Recuperación da documentación e memoria do MFOG
- "Habla Enriqueta Otero". Transcrición dunha das Intervención de Enriqueta Otero nas II Xornadas de Feminismo Independente celebradas en Vigo no mes de xuño de 1981.
Extras sobre Enriqueta
- Portada de Al Ataque. Órgano da primeira brigada movil de choque, publicación na que Enriqueta publica varios artigos
- Croquis de actuación de guerrillas en Lugo
- Gráfico policial do PCE de Lugo
- Selo do Comité Provincial de Lugo
- "Enriqueta Otero. Una hormiga llena de fuerza", La mujer feminista. Revista de la Unión de Mujeres Feministas, nº7 (decembro - xaneiro 1984), p. 10-11
-.- Gómez Vilabella, Xosé M.