A Peña Romay (Pintor)
Otero Canto, Xosé - lunes, 28 de diciembre de 2009
Baixo o título Contorno Urbano, Peña Romay presentou na Galería Amararte de Lugo, unha nova exposición na que se rinde unha homenaxe, que é un agasallo en vintecatro lenzos cheos de cor, á cidade de Lugo, e que eu vin da seguinte maneira:
SONETO
Romay de luz, figuración urbana.
Rectángulos de cores na pegada.
Colaxes de pintura apelicada
sementan cromatismo na mirada.
Prismas descompostos no arco da vella.
Desmedida paleta que os adorna
e os brancos feridos na contorna
estrondan aos azuis na urbe vella.
Está o corazón sanguinolento
entre os brancos de neve branca
nas rúas das cores; todo é contento,
e un azul de Circe recalado
escoita frío o paso das horas,
fillo do día, na noite pincelado.
Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora