Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uña de gato

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 03 de septiembre de 2026
A 'Uña de gato', de nome científico Carpobrotus acinaciformis ou Carpobrotus edulis. Esta flor é oriúnda de Sur África, foi traída a España a mediados do século XX, con unha idea equivocada. Uña de gato Ao ser unha planta tapizadora tróuxose coa idea de protexer os cantís evitando a caída de terra, area e pedras, pero á vez, ao ser tapizadora non permite que se reproduza a flora autóctona.

É unha planta rastreira, ou sexa, que non crece de cara arriba se non, que vai arrastro polo chan, resultando moi perigoso camiñar por riba dela, pois parece que estás pisando en firme e podes caer ao precipicio as súas flores poden ser fucsias ou amarelas e as súas follas son carnosas. No caso de Carpobrotus edulis, como o seu epíteto específico indica (edulis), quer dicir que é comestible.

Florece en primavera formando un tapiz floral moi bonito. Hai pretensións de eliminala polo perigo que resulta para a flora autóctona e de feito, na zona da praia Augas Santas de Ribadeo, xa se eliminou.
Uña de gato
En Foz tamén abunda moito, pero ante a súa eliminación a xente protesta alegando que é moi bonita, ou sexa, que é un lobo con pel de cordeiro, pois onde ela está xa non se encontra nin podemos ver a famosa Herba de Namorar, pois a Uña de Gato, non lle perite á semente chegar á terra para desenvolverse.

As flores uña de gato son nictinásticas, ou sexa, son das que pola noite e en días escuros se pechan e se abren coa claridade do sol e o movemento ou resposta biológica responsable de isto coñécese como fotonastia ou nictinastia.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES