Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba, la nuit

jueves, 24 de diciembre de 2009
Recentemente, puiden disfrutar de “Vilalba la nuit” xunto con medio cento de visitantes, membros do Orfeón Lucense e solistas amigos, que acudiron ó auditorio Carmen Estévez a ofrecer un concerto de cancións do Nadal.

Hai que recoñecer que a noite estaba fría, que non invitaba a andar por fóra, pero é que por fóra non andaba ninguén. Chegamos ás sete e media da tarde, cunha temperatura de Cero grados, que se ben chegou a ser aló por Noche dun baixo cero, en Vilalba volveu subir. Cando nos fomos, perto da medianoite, xa andabamos polos dous e medio baixo cero.

No Auditorio, algo máis de medio cento de persoas – máis ou menos tantas como actuantes- que seguiron fervorosamente a actuación nun clima cálido resultante da boa calefacción da instalación e no entusiasmo dos melómanos.

Logo fomos a pé desde o Auditorio ó Centro Cultural tomar uns pinchos agasallo do concello, e sentinme na obriga de explicar que se Vilalba parecía unha cidade deserta era polo frío, pero non colou porque houbo alguén que me respostou que non estaba máis nin menos deserta que todos os pobos e cidades lucenses pola noite, que non hai quen ande polo exterior.

Nin, polo que se ve, polos interiores xa que chegados ó Centro Cultural – sábado, arredor das dez da noite- non chegaba a media ducia o número de socios existentes na cafetería. Sen embargo cando saímos, polas rúas empezaban a aparecer rapaces novos, como despistados por ser demasiado cedo para saír de troula.

Eu non sei -ou resulta que o sei demasiado ben- o que ocorre nas nosas cidades e pobos que de noite fican desertos. Non sei que ocorre cos nosos cómodos ósos que fican asentados nos pisos con calefacción, de xeito que as poucas veces que sallo en horas desusadas -dez ou once da noite, que tampouco é tan tarde- a miña muller é máis eu non só somos os máis veteranos da concorrencia senón que a maioría dos -paseantes, por chamarlles algo- son bastantes máis novos ca os nosos fillos.

Ou sexa, que “Vilalba la nuit”, de inverno é un pouco tristeira. Iluminada, sí, que lucían bombillas en todas as rúas, e así lles puiden sinalar a miña casa natal da Porta de Cima ós amigos visitantes, indicándoa de lonxe con referencia a un farol inmediato. E todas as rúas circundantes con lastras e pedras que evidencian a atención que se está tendo co núcleo histórico do noso pobo. Pero xentiña, moi pouca.

Eu ben comprendo que non son os tempos de antano nos que moita vida se facía na rúa, onde nas casas non había nin o confort nin os medios de agora, pero saíase moito máis ó exterior, as casas non eran como caixas fortes para gardar a xente das inclemencias do exterior polo que non circula ninguén.

Se vale como consolo, en Lugo pasa o mesmo. No centro histórico, en canto dan as dez, non quedan nin os serenos, que non hai. Volvemos a un xeito moderno de medioevo, que nos arreda do exterior na percura da seguridade, por medo á escuridade e ó frío.

Vilalba la nuit, alomenos en inverno, é un ermo frío e solitario.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES