Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Levarse ben é doado (13)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 04 de septiembre de 2026
As guerras, ¡malditas guerras!, son freados en seco que lle damos á civilización. Xa temos esquecida a de España, pero, se ben analizamos, aínda dura algunha, ¡moitas!, das súas consecuencias. Vítimas singulares dela foron as mulleres. De mil maneiras, pero unha das palpables foi que a República, con intervención de Manuel Cordero Pérez, de Castroverde, apoiando as propostas de Clara Campoamor, nas Constituíntes do 31, FIXERA MAIOR DE IDADE Á MULLER: ¡Deulle o voto! ¿E Franco? Franco deulles ás mulleres..., a Sección Femenina!
Daquela, se España estaba aprendendo a ser democrática, por qué fixeron esa guerra os militares, truncando a aprendizaxe? Déronse varias razóns, ¡ou sinrazóns!, pero a máis importante omítese: Os militares, desacreditados polos seus fallos en América, a derrota de Annual, no 21, sometidos á Lei Azaña, que devolveu unha boa parte deles á aixada, despois do ensaio do 34 en Asturias, co exemplo do ¿brillante? Nilo de Tella y Cantos, quixeron desquites e ascensos. ¡Era o deles! Coa Falanxe de tapadeira, para que as mulleres republicanizadas, liberadas, volvesen ás agullas, os franquistas enxalzaron, ¡afundiron!, unha Sección Femenina, na que, coa que, imitando aos homes, só imitándoos, déronse por satisfeitas. ¡Miñas pobres, qué doadas son de enganar; xa o vimos en Eva!
No que lles fixo un favor don Hermenegildo, sen querer, por suposto, foi en Maxisterio, pois, perseguindo, a feito, aos Mestres varóns, as Escolas Normais enchéronse de aspirantas, rapazas que atoparon o campo libre: ¡Dez Mestras por cada Mestre! ¡Pero qué pouco se fixan os historiadores no quid pro quo das cuestións!
Antes da guerra, no primeiro dos terzos do XX, a muller non só acadou eses dereitos de sufraxio senón que chegara a ser altamente considerada, mesmo en carreiras; xa non tiñan que ir disfrazadas ás clases, como seica tivo que facer Concepción Arenal, e un longo etcétera. Os nosos vellos contaban nas súas lareiras, ¡non en público, porque lles daba vergoña airealo!, que para conquistar unha boa moza había que falarlles..., en verso! Dábase, asemade, unha circunstancia demográfica: Era maior o número de homes emigrantes, e logo que as mulleres tiñan de vida media, ¡antes de fumar, claro!, uns cinco anos de vida máis cós homes, así que, conseguilas de escolla, chegar a tempo, era unha batalla. ¡Aquela si que era batalla! Aquel que se fose para, ¿servi-lo Rei?, como non deixase ben chantados os anzois, o compromiso, á volta non atopaba..., nin beatas!
-.-


Coa guerra, as mulleres fixéronse homes, á forza!
¿Onde está a feminidade dunha muller volteando un arado de ferro? As "roxas", de milicianas; e as azuis, Levarse ben é doado (13) de madriñas de guerra! Nunca tan cobizadas foran, pero non no mellor dos sentidos. Para casar, non as querían que non había seguridades; e logo estaba iso de que as guerras desatan a erótica... ¡Si, de verdade; é algo así como un afán desmedido de reproducirse ante o risco de evaporarse a destempo!
As mulleres, na de España, e sempre, tiveron máis ovarios que testículos os homes; ¡máis! (Hai que dicilo en honor á verdade; e por se acaso porei un exemplo: Cando o golpe de Casado, en Madrid, que meteu no cárcere un millar de milicianas, a nosa Enriqueta Otero (de Castroverde; ¡de Castroverde tiña que ser!), fíxose con un coitelo, ante o que se rendeu a Directora do Cárcere de Mulleres, das Ventas, que lles abriu a porta a tódalas detidas; con aquela heroicidade, Deus sabe a cantas mulleres salvou, porque estaba a punto de entrar Franco, cos mouros...
Na casa, rezaban; e no campo, araban; nas cidades facían colas interminables; e de paso, agrandábanselles os ollos, que nada fai tan fermosas ás mulleres coma as bágoas: cambian as olladas pícaras polas misericordiosas, pero, a qué prezo!
Sei dun caso dun desaparecido que, ao volver de Rusia, atopouse coa muller cansa de rezarlle pola ánima, e..., casada! Non a matou, non, que daquela non se estilaba, senón que lle agradeceu ao rival ás atencións, e de paso despediuse, índose para América, para que non declarasen bígama á muller. ¡Non tódolos homes somos brutos, a Deus grazas!
-.-

O letreiro, como expoñente dun desexo, tiña razón, pero, estábana levantando os que a afundiron? A verdade é que a levantaron os humillados, particularmente os emigrantes, os desterrados, uns, voluntarios, e outros, á forza, coas remesas de divisas, aquí declaradas, por instrucións verbais, pero oficiais, como..., turismo!
O cataclismo da posguerra non está escrito, nunca se describirá con total realismo pois aqueles rapaces que o viviron, cansos de esperar pola liberdade de prensa, fóronse a dó mora o silencio!
Cara ao sol estabamos todos, pero a camisa non era nova. Minto, que as fillas de Evaristo de Candal boas saias estrearon con aqueles sacos de azucre que lles mandaban de Cuba, tan brancos, ou máis, có propio contido!
¿Que adianto con remexer nesta buleira? ¡Que o demo leve aqueles tempos, e de paso, aos culpables! Pero algo terei que dicir, como testemuña infantil que era daquela: As Levarse ben é doado (13) poucas festas que había, que se celebraban, fóra da procesión pouca graza tiñan. E para máis feo, aquilo do, ¿Permite?
Ao atardecer asomaba a Garda Civil, para desfacer as festas entre lusco e fusco. ¿Por qué non antes? Estiveran invisibles, na casa do cacique..., facendo a dixestión! Pero o seu celo, ¡as súas instrucións!, levábanos a desfacer a festa con présa..., sen decatarse, ou nin con esas, de que non servía para nada, pois as corredoiras eran fondas e longas, e os rapaces, ¡os poucos que había, e solicitados que estaban!, viñeron, volvían da guerra, adestrados, presumindo dos seus ¿éxitos? amorosos; quero dicir, eróticos!
Entre os reenganchados, aqueles que foran capaces de asistir ás Academias de Transformación, os que se meteron a Gardas e Policías, amén dos defuntos e / ou fuxidos, poligamia absoluta: tres mulleres para cada home!
Fórase o humor, fórase a poesía, pero tampouco se precisaba xa que a oferta superaba á demanda: ¡valían todos!
-.-
¿Por qué ceder a parella se daquela había máis mulleres que homes?
Aqueles tempos foron o auxe do machismo, tal e tanto que as mulleres, xuridicamente, dábanse por inexistentes sen a firma do cónxuxe; ¡e que non se lles ocorrese unha infidelidade, que daquela tiñan a cadea perpetua asegurada! Para máis inri, o artigo 1387 daquel Código Civil de entón ¿protexíaas? "La mujer puede disponer por sí sola de los bienes parafernales". ¡Grazas, lexislador, por esa concesión; moi amable coas mulleres: faltaría menos!
Volveu a haber escolas nacionais, e as cativas, tanto no campo como nas cidades, observando as dificultades concorrentes, -supoño-, puxéronse a estudar, ata encetar os cóbados! Aquí, precisamente neste punto de flexión, que non de inflexión, comezou a belicosidade machismo / feminismo. ¿Cando se logrará un equilibrio estable, harmónico? É predicible, pero non é fácil: Iso pasará o día en que o home deixe de ser bruto, e a muller deixe de ser pícara: ¡pasado mañá!
-.-

Alta xeraçao, ínclitos infantes, que dixo Camôes da súa; pois, da miña, nada menos! Non chufo; simplemente observo e comparo. ¿Cando houbo mellores proxenitores partindo dunha situación miserenta, medrosa, e sen esperanzas de ver a saída do túnel?
O quid deste paradoxo estivo en que aqueles entregos souberon valorar as cousas..., precisamente porque carecían delas! Con pouca escola, quixeron que os fillos tivesen carreira. Casados por comenencias para mellorar de situación económica, trataron de que os fillos / fillas anoivasen libremente, impulsados por afinidades e / ou complementariedades. Aburridos da pana, da pucha e das saias longas, propiciaron que os gromos vestisen ben..., libremente! Fartos de vivir en cortellos, e varias parellas baixo do mesmo teito, matáronse a traballar, aforrando céntimo a céntimo, para que os seguintes tivesen piso propio e independente, confortable, equipado con butacas e con electrodomésticos. Así, grazas aos aforrallóns, ¡aforrallóns do pouco, do escaso!, e á súa unión e fidelidade matrimonial, xenerosidade, e demais virtudes cristiás, a xeración seguinte está resistindo esta crise, xeral e xeneralizada. ¡Aqueles entregos merecen loureiros cesáreos! ¿Si, ou non si?
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES