Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As palmeiras de Gran Canaria (5)

Otero Canto, Xosé - viernes, 21 de agosto de 2026
A palmeira e o loureiro

Aló pola década dos anos 60, os pequenos e rapaces de Lugo e da contorna non sabiamos como era unha palmeira e tan só na Semana Santa tiñamos aos pequenos máis ricos que en vez de levar un ramo de loureiro á igrexa ese domingo de ramos levaban ramos de palmas traballadas cun arte exquisito dándolle a volta ás As palmeiras de Gran Canaria (5) frondes, facendo xogos de figuras avultadas, retorcidas outras, en círculos aquelas, en cadrados estoutras, segundo a imaxinación do creador e despois, aqueles pequenos, as levantaban orgullosos dos seus achados e nós mirabaámolos con certa envexa, mais hoxe os nosos ollos galegos vén aquelas frondes de palmeira como unha intromisión na nosa cultura de loureiro herdada do celtismo galego e despois mantida polos romanos nas súas coroas e agasallos.
O loureiro para o Domingo de Ramos era case o único que levabamos os nenos e maiores con algunha que outra rama de oliveira que non había na nosa Valura, por iso, hoxe as palmas vémolas como algo estraño e quizais daquela eran formas traballadas e foráneas e invasoras do noso.
Lémbrome como nese domingo o Alberte da Requeixa tronzaba un loureiro polo pé duns tres metros e todos os anos era o ramo máis grande da igrexa, pero cando saïamos da misa empezaban as xostregadas e o Alberte empregaba o loureiro para protexerse delas e os demais nenos e rapaces levabamos un bo loureiro, pero moito máis pequeno, para poder xostregar nas orellas aos outros rapaces e eramos os que faciamos ganarlle ao noso bando do exército loureirán a batalla da frouma de cada domingo de ramos. Non vexades como lles poñíamos as orellas aos que levaban a palma das envexas.

Continuará...

Gran Canaria 16-6-2026
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES