Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 20 de agosto de 2026
Gloria Bendita na Venecia Ourensá

Acabo de chegar de Ourense. Á Venecia ourensá, é dicir, ó Parque Ansuíña, en Baños de Molgas. E se onte a eclipse que aconteceu no noso país foi un espectáculo, esta terraza do parque, na que sobre unha das súas mesas descansa unha cunca de café, é unha marabilla. Que digo unha marabilla... gloria bendita, pura éxtase!
Pingas de Orballo Vexo como a rapazada se baña na piscina. Vexo como as follas dos amieiros e dos carballos realizan unha danza aireada, a pesar dos 36 graos que marca o meu reloxo. Noto como o aire se me mete por debaixo da camiseta e me alivia os sobacos, as axilas. Escoito algún que outro paxaro cantar. E afirmo que paga a pena percorrer trinta quilómetros para gozar deste momento.
Hai tan só cinco ou seis mesas de terraza ocupadas porque aínda é cedo: as cinco e cuarto. Primeiro, a xente elimina a humidade da suor na "pileta" e, logo, vén refrescarse cunha bebida ou algún café. Eu, xa pode arder o mundo, que só tomo café. Perdón: o outro día tomei unha auga porque non sei cantos cafés estaban nadando xa no bandallo do meu estómago e, tamén de tanto falar coa familia, estaba seco.
Máis mesas ocupadas. Sitio privilexiado. Que pena que este ambiente e este lugar estean dispoñibles durante unha tempada tan curta. Case me dan ganas de alugar o bar durante todo o ano e facerlle publicidade tamén ás cheas do río Arnoia. Estas, por certo, moitas veces cobren e mesmo asolagan o propio bar. Cando ocorre, entón si, aí xa se lle pode chamar unha boa riada, e non estas que asoman polas redes sociais cando o río se sae tan só un chisco do seu leito.
Agora deixo de contar para sentir e gozar deste momento e desde este paraíso molgués.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES